Saltar ao contido principal

RESOLUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA FRONTE A CRISE DO CORONAVIRUS - NA XUNTA SEGUIMOS NAS BERZAS

O Ministerio de Xustiza acaba de dictar e difundir unha Resolución de aplicación ao persoal dos Corpos Xerais, Médicos Forenses, Letrados da Administración de Xustiza, Corpos Especiais e Persoal non Transferido do seu territorio, de xeito mimético á que dictou a Administración Xeral do Estado, a fin de minimizar a máis que probable influencia do Coronavirus na Administración de Xustiza, sobre todo facendo fincape nos servizos que teñen unha atención ao público moi directa (Rexistros Civis, Imelgas e Servizos Comúns, por exemplo) ou que teñen moito persoal no seu cadro de traballadores (Fiscalías). 
A estas alturas do problema nin a Dirección Xeral de Xustiza nin a Xunta de Galiza, como máximo órgano directivo, dictou este tipo de Resolución no noso ámbito, polo que as traballadoras/es da Administración de Xustiza estamos a quedar sen unha protección específica e clara fronte ao Coronavirus. E mentras, outros fachendeando da chegada e instalación de dispensadores do xel hidroalcoholico.

Ligazón Resolución Ministerio de Xustiza:
https://drive.google.com/file/d/1jIQ0pvxHX9L40gK4QPDFJqxwiXQy1ILU/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.