Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

OPOSICIÓNS PENDENTES E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO DE TRASLADOS: Na videoconferencia realizada hoxe co Ministerio de Xustiza concretouse que neste tema existen, de momento, bastantes problemas para poder afrontar a posible convocatoria do concurso de traslados, polas serias dificultades en contactar coas CCAA para establecer as vacantes a convocar. En tanto en canto non se proceda á correspondente desescalada nas distintas administracións públicas vai resultar moi dificil realizar a convocatoria deste proceso e como moi pronto barállase como data orientativa finais de xuño. CONVOCATORIAS DE OPOSICIÓNS: O Ministeiro indicou neste tema que, dada a parálise xeral que produciu o Covid-19 en todos os procesos selectivos, o que máis se vai a resentir será a oposición do corpo de Auxilio Xudicial, posto que dado o volume de persoas que se poden presentar hai que artellar un sistema que permita realizar as probas para acceso a dito corpo. En canto ao resto de procesos, xa case todos rematados ou a punto de rematarse, os tribunais

COMO REALIZAR A SOLICITUDE DE TELETRABALLO

A CIG xa trasladou á Dirección Xeral na pasada videoconferencia a súa petición de que o teletraballo non seguira medrando sen control xa que entendemos que dita prestación do servizo debería de estar reservada, en principio, para aquelas traballadoras/es especialmente vulnerables ou que teñan obrigas familiares que lles dificulten a asistencia presencial, máis ala de empregar tamén este sistema para a protección da saúde das traballadoras/es naqueles dependencias xudiciais onde non sexa posible, polo espacio dispoñible, o respeto ás medidas de seguridade e saude laboral fixadas. Para isto resulta imprescindible unha planificación exhaustiva dos postos que se poden dotar para teletraballo, dos traballadores dispostos a facelo, dos organismos nos que se pode implementar, nas dependencias nas que e necesario facelo por motivo do espazo, etc. Tamén debe de procederse a avaliación de ditos postos de traballo, ainda que quizais non neste primeiro momento de premura pero si de cara ao medio

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A DECLARACIÓN DE ESPECIAL SENSIBILIDADE

O pasado 17 de abril publicouse o Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), polo que se establece a Guía preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais, establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de protección dos traballadores, con especial referencia a aqueles potencialmente sensibles. Na videoconferencia mantida onte, 28 de abril, trasladóuselle á Dirección Xeral de Xustiza a necesidade de publicar unha Instrución na que se detallen os pasos a seguir polas traballadoras/es a hora de ter que xestionar a partir do inicio do proceso de desescalda a solicitude de especial sensibilidade. Debe de indicars

EMPEZA A NEGOCIACIÓN DO REAL DECRETO-LEI 16/2020

Segundo nos acaba de confirmar o Ministerio de Xustiza, que mañán 30 de abril, haberá unha videoconferencia para tratar de pulir e negociar os aspectos básicos establecidos no Real Decreto-Lei 16/2020, tales como teletraballo, horarios de mañan e tarde, mobilidade, etc. A CIG enviará hoxe as súas alegacións para que a videoconferencia resulte o máis axil posible a hora de coñecer o parecer da administración ás propostas realizadas. Así mesmo indicar que a propia  norma establece no seu artigo 27, apartado 2, que é o Ministerio de Xustiza ou as Comunidades Autónomas as que establecerán a distribución da xornada e a fixación dos horarios, de conformidade co establecido na LOPX. Así pois, requeriremos tamén á administración autonómica, para que se convoque a mesa sectorial de xustiza a fin de negociar aqueles extremos do Real Decreto cuxo desenvolvemento sexan de competencia autonómica. Xa na videoconferencia realizada onte coa Dirección Xeral de Xustiza, no eido da Comisión de Saúde

MODIFICACIÓN PRAZOS NOTIFICACIÓN MINISTERIO FISCAL, RÉXIME TRANSITORIO DAS ACTUACIÓNS PROCESUAIS E PREVISIÓNS EN CONCURSO DE ACREDORES

Na Disposicón Adicional Cuarta e na Disposición Transitoria Primeira e Segunda do Real Decreto-Lei 16/2020, de 28 de abril, estableceuse u seguinte: Disposición adicional cuarta.   Actos de comunicación do Ministerio Fiscal. Suspéndese a aplicación do disposto no artigo 151.2 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, en relación cos actos de comunicación do Ministerio Fiscal, ata o 31 de decembro de 2020. Ata a devandita data, o prazo regulado no devandito artigo será de 10 días naturais . Disposición transitoria primeira. Réxime transitorio das actuacións procesuais. 1. As normas do presente real decreto-lei aplicaranse a todas as actuacións procesuais que se realicen a partir da súa entrada en vigor, calquera que sexa a data de iniciación do proceso en que aquelas se produzan. 2. Con todo, aquelas normas do presente real decreto-lei que teñan un prazo determinado de duración suxeitaranse ao mesmo. Disposición transitoria segunda. Previsións en materia de concu

AMPLIACIÓN DE PRAZOS NO REXISTRO CIVIL

No Real Decreto-Lei 16/2020, de 28 de abril, publicado no día de hoxe no BOE establécece na súa Disposición Adicional Primeira o seguinte: "Disposición adicional primeira. Ampliación de prazos no ámbito do Rexistro Civil. 1. Nos expedientes de autorización para contraer matrimonio nos que recaese resolución  estimatoria concederase automaticamente un prazo dun ano para a celebración do matrimonio, a computar desde a finalización do estado de alarma. 2. O disposto no artigo anterior aplicarase igualmente a aqueles expedientes nos que non transcorrese o prazo dun ano desde a publicación de edictos, do seu dispensa ou das dilixencias  sustitutorias que prevé o artigo 248 do Regulamento da Lei do Rexistro Civil, aprobado por Decreto do 14 de novembro de 1958. 3. Durante a vixencia do estado de alarma e ata tres meses despois da súa finalización ampliarase a cinco días naturais o prazo de 72 horas que o artigo 46.1 da Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil, establece para

MODIFICACIÓN ENTRADA EN VIGOR DA LEI DO REXISTRO CIVIL

No Real Decreto Lei 16/2020, de 28 de abril, publicado hoxe no BOE, recollese a seguinte disposicion: Disposición final segunda. Modificación da  disposición final décima da Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil. «Disposición final décima. Entrada en vigor. A presente lei entrará en vigor o 30 de abril de 2021 , excepto as disposicións adicionais sétima e oitava e as disposicións finais terceira e sexta, que entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no ‘‘Boletín Oficial do Estado’’, e excepto os artigos 49.2 e 53 do mesmo texto legal, que entrarán en vigor o día 30 de xuño de 2017. O disposto no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo da entrada en vigor o 15 de outubro de 2015 dos artigos 44, 45, 46, 47, 49.1, 2 e 4, 64, 66 e 67.3, e a disposición adicional novena, na redacción dada polo artigo 2 da Lei 19/2015, do 13 de xullo, de medidas de reforma administrativa no ámbito de a Administración de Xustiza e do Rexistro Civil. Ata a c

A CIG REALIZA PROTESTAS SIMBOLICAS NAS SETE GRANDES VILAS GALEGAS

A CIG realizou, o pasado xoves, protestas simbólicas nas sete grandes cidades de galiza, para reclamar dos gobernos español e galego medidas de protección laboral e social para a clase traballadora e esixir que os custes da emerxencia sanitaria non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais. As concentracións, nas que participaron sobre dez persoas garandando as correspondentes medidas de seguridade, desenvolvéronse diante da Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.

O CXPX MANTÉN A SUSPENSIÓN DAS ACTUACIÓNS NON ESENCIAIS ATA O 10 DE MAIO

En nota de prensa do pasado śabado 25 de abril a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou manter a validez e eficacia dos acordos e as medidas adoptadas ata a data por este órgano en relación coa pandemia de coronavirus COVID -19. Entre os acordos cuxa validez e eficacia mantense figura o aprobado na reunión extraordinaria mantida pola Comisión Permanente o pasado 14 de marzo polo que se dispuxo a suspensión de todas as actuacións xudiciais programadas e os prazos procesuais que tal decisión conleva, salvo nos supostos de servizos esenciais. Os servizos esenciais son os aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 13 de marzo de forma coordinada co Ministerio de Xustiza e a Fiscalía Xeral do Estado, coas precisións realizadas desde entón.

A INSTANCIAS DA CIG CONSÉGUESE A UNIFICACIÓN DE CRITERIOS NA EXPEDICIÓN DE LICENZAS DE ENTERRAMENTO

A Comisión de Seguemento da Crise Sanitaria polo Coronavirus Covid-19 acordou na súa sesión do pasado 23/04/2020, a instancias da CIG  que, en relación coa expedición de licenzas de enterramento nas fins de semana e festivos, dado que a situación na nosa comunidade non é tan preocupante como noutras, unificar o criterio e autorizar que os xulgados de garda asuman as licenzas de enterramento neses días, xa que actualmente había Rexistros Civis que tiñan que facer horario ata as 20:00 horas de luns a venres e tamen se lles esixía traballar os sábados e os domingos, contradecindo dita situación a cautela de manter o menor número de efectivos presenciais necesarios. Prevaleceu a lóxica e validouse o criterio esgrimido pola CIG, ao ser Galiza unha comunidade onde os falecementos non se incrementaron de xeito exponencial. A comisión indicou tamén que, nos Rexistros civís das sete grandes cidades, os respectivos Sres. Letrados da Administración de Xustiza poderán chamar a máis persoal par

A XUNTA PREVÉ, TAL E COMO LLE SOLITOU A CIG, UNHA REGULACIÓN PROPIA PARA O TELETRABALLO

Na xuntanza de onte, 23 de abril, a Comisión de Seguemento da Crise Sanitaria do Coronavirus Covid-19, tras a petición realizada pola CIG o pasado 20 de abril, indicou que a Xunta está a estudar a adaptación dos postos de traballo, regular ao teletraballo e sacar unha normativa propia da Xunta; pero estase a que a Comisión de Coordinación elabore normas comúns de desescalada , coa creación dos grupos de mañá, tarde e teletraballo. En definitiva a Comisión considera que é necesario impulsar o teletraballo o cal, está funcionado perfectamente nestes momentos (pero segundo a CIG de xeito aleatorio e deslabazado), coa única condición daqueles postos que necesiten presenza física pero que, en todo caso iso necesita unha cobertura legal e unha regulación. Ligazón Acta Comisión Covid-19 - 23-04-2020: http://www.poderjudicial.es/stfls/TRIBUNALES%20SUPERIORES%20DE%20JUSTICIA/TSJ%20Galicia/ACTAS%20COVID-19/FICHEROS/20200423%20Acta%20de%20la%20Comisi%C3%B3n%20de%20Seguimiento%20para%20e

INFORMACIÓN BREVE SOBRE O VINDEIRO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES NA ADMÓN. DE XUSTIZA

Quitando o alarmismo que parece que algúns están a transmitir na súa información (non se sabe se por descoñecemento ou por incompetencia), debe matizarse que, efectivamente, tal e como se nos comunicou na pasada videoconferencia cos responsables ministeriais, era intención de dito equipo levar ao vindeiro Consello de Ministros do próximo martes, a norma que ia implementar tres medidas que terían influencia no desescalamento e a reincorporación do persoal da Administración de Xustiza aos seus postos de traballo, coas garantías suficientes para evitar os posibles contaxios, respectando o distaciamento necesario entre os traballadores de cada centro. Esas medidas xerais xa están explicadas na nota informativa publicada no día de onte. Agora ben, parte desas medidas, que se fixarán como normativa básica para todo o territorio Español (sobre todo o do horario voluntario pola tarde e a posibilidade de mobilidade entre órganos da mesma xurisdicción e localidade), están pendentes dunha negoc

SUSPENSIÓN TEMPORAL PROCESOS SELECTIVOS

Segundo informou o Ministerio de Xustiza, neste momento teñen suspendidos temporalmente todos os procesos selectivos. Se ben os que xa tiñan máis avanzados, con exames realizados, estan estudando a forma de reactivalos nos seguintes meses, o certo e que o que máis atraso levará será o de acceso ao corpo de Auxilio, dado o volume de persoas que pretendía presentarse a dito proceso selectivo. Así pois nos vindieros meses, sobre todo cando se levante o estado de alarma, iremos vendo os avances neste tema, pero no corpo de Auxilio e máis que seguro que ata Setembro ou, máis ben no último trimestre do ano, non haxa ningunha solución ao respecto.

PRESENTACIÓN DE BAIXAS POR IT A TRAVÉS DA OPAX

Dende hoxe, a solicitude de licenza por enfermidade, así como as súas prórrogas, téñense que realizar a través da oficina virtual do   persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX), anexando unha foto ou unha copia escaneada do parte de  baixa ou da prórroga, calquera delas en formato PDF. Instrucións : 1.- Acceder á OPAX, entrar no apartado "Alta Licenza" e escoller en “Tipo de licenza” a opción de "Licenza por enfermidade" ou de "Risco durante o embarazo e a lactación", segundo sexa o caso. 2.- Cubrir os datos do formulario da solicitude e premer no botón "Gardar". 3.- Unha vez gardada, na páxina de xestión de solicitudes débese seleccionar a solicitude e premer no botón "Adxuntar doc". 4.- Unha vez feito isto, na ventá emerxente que permite subir documentación hai que realizar as seguintes accións: a) Premer o botón "Examinar" para localizar no seu equipo o documento que se quere anexar. (terá

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTRO DE XUSITZA - NOVO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES

Hoxe, xunto coas organizacións sindicais CSI-F, STAJ, CCOO, UXT e ELA mantivemos unha videoconferencia co Ministro de Xustiza. O ministro pivotou a súa intervencion sobre tres cuestións de vital importancia para enfrontrar os seguintes meses coas suficientes garantías para evitar a propagación do virus, o que precisamente incide de xeito fundamental na distancia que debería manter o persoal na súa futura volta ao traballo.  Á vista do manifestado, o Ministerio de Xustiza quere publicar unha norma, con caracter urxente, que teña unha duración temporal de ata os tres meses posteriores á suspensión do estado de alarma, na que básicamente se adopten tres  medidas fundamentais para poder realizar a desescalada e reincorporación do persoal coas suficientes garantías. Primeira: Sen prexuízo de ir potenciando a funcionalidade do teletraballo, dado o tempo que requerirá o total desenvovemento desta medida, a primeira das cuestións  expostas foi recoller a posibilidade de implementar

MODIFICACIÓN LEXISLACIÓN SOBRE DEREITOS PASIVOS - RDL 15/2020

No BOE de hoxe, 22 de abril de 2020, saiu publicado o Real Decreto-lei 15/2020, de 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, polo que se modifican determinados aspectos da normativa de Dereitos Pasivos. Ligazón modificación normativa Dereitos Pasivos: https://drive.google.com/file/d/1WrzFNQVLfHHSB2zCshJPO5ui1SpSbl9c/view?usp=sharing

SITUACIÓN DOS SERVIZOS MÉDICOS DAS ENTIDADES MÉDICAS PRIVADAS.

Dado que na actual situación moitos dos profesionais sanitarios atópanse  inoperativos,  MUXEXU solicitou das Entidades Médicas que identifiquen os servizos dos seus cadros médicos que se atopan dispoñibles, os que non o están, e os que prestan servizo con certas restricións. Dada a actual situación de excepcionalidade e de cambio constante de provisión, recoméndase aos  mutualistas que ANTES DE ACUDIR A UNHA CONSULTA MÉDICA CONFIRMEN A DISPOÑIBILIDADE DO SERVIZO, CHAMANDO AO TELÉFONO DO CENTRO. CASER : Servicios médicos operativos . DKV : Nota DKV COVID-19  -  Servicio médicos operativos . MAPFRE : Servicio médicos operativos - Servicio médicos NO operativos . SEGURCAIXA-ADESLAS : Información sobre COVID-19 .