A CIG presentou o pasado 30-03-2020 escrito solicitando da Dirección Xeral de Xustiza a inminente convocatoria, por videoconferencia, tanto do Comité de Saúde Laboral como da Mesa Sectorial de Xustiza, xa que desde que se decretou o Estado de Alarma, a Dirección. Xeral non tivo a deferencia de manter con nós contacto ningún (a non ser para trasladarnos as resolucións xa ditadas e publicadas), mentres que o Ministerio xa o fixo en tres ocasións, a través de videoconferencias, para informarnos e darnos audiencia e así facer alegacións ás resolucións e protocolos, aceptando moitas daquelas. Non sabemos se na Xunta de Galiza son máis listos que ninguen, pero nun momento coma este parece máis lóxico sumar esforzos e implicar aos representantes dos traballadores na implementación das resolucións regulatorias dos servizos mínimos e sobre saúde laboral, facendoos partícipes de ditas regulacións, que ignorarnos sucesivamente en cantas regulacións saen a luz.
Ligazón escrito presentado o 30-03-2020:
Comentarios
Publicar un comentario