A Mutualidade Xeral Xudicial ( MUGEJU) deixou de abonar o subsidio por incapacidade temporal (IT) porque a súa tramitación non se realiza de xeito telemático se non en papel, polo que non constitúe servizo esencial e non se pagará
durante a vixencia do actual estado de alarma, que comezou o 14 de
marzo.
Isto significa que os funcionarios nesta situación
–durante os primeiros 6 meses de concedida a IT percíbese a retribución íntegra por parte da administración correspondente– non poderán percibir a parte que a Mutualidade ten que abonarlles ata en tanto en canto non poda ser tramitada a mesma.
Curiosamente, tanto a Seguridade Social como a Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado ( MUFACE) están a facer estes pagos con toda normalidade.
Ligazón Confilegal:
Comentarios
Publicar un comentario