Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - CORPO AUXILIO - OEP2017-2018

No BOE de mañán sairá publicado, tal e como nos acaba de informar o Ministerio de Xustiza, a listaxe e a resolución provisional dos admitidos e excluídos de acceso as probas selectivas para acceso ao corpo de Auxilio Xudicial da OEP 2017-2018. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/07/31/pdfs/BOE-A-2020-8865.pdf Ligazón Ministerio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/Relacion_provisional_de_admitidos_y_excluidos_Auxilio_Judicial.pdf NOTA INFORMATIVA: O prazo para subsanar os defectos que teñan motivado a súa exclusión ou a súa omisión nas listaxes será de diez días hábiles contados a partir do 1 de setembro de 2020.

APROBADOS DEFINITIVOS TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OEP2017-208

O Tribunal Calificador Único das probas selectivas de acceso, por promoción interna, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, convocadas pola ORDE JUS/404/2019, de 21 de marzo, ven de acordar elevar a definitivas as listaxes de aprobados nos distintos territorios, incluidas as modificacións aceptadas da baremación realizada. Ligazón Acordo: https://drive.google.com/file/d/1taMCtr0oRLKy4KXGI1geABRIJeU-XxF4/view?usp=sharing Ligazón listaxe aprobados definitivos: https://drive.google.com/file/d/1sbS2Z7bUx6GxGPmrQN0ne37rBsQ-0jP-/view?usp=sharing

O INSST NON RECOMENDA O OZONO COMO VIRUCIDA FRONTE AO COVID-19

O Instituto Nacional da Seguridade e a Saude no Traballo non aconsella, de momento, uso do ozono como virucida desinfectante fronte ao Covid-19. Ligazón Prevención Integral: https://www.prevencionintegral.com/en-clave-prevencion/noticias/2020/07/19/insst-desaconseja-ozono-como-desinfectante-frente-coronavirus?utm_source=cerpie&utm_medium=email&utm_campaign=flash_23_07_2020 Ligazón INSST: https://enuveprod-universitatpolit.netdna-ssl.com/php_prevencionintegral/sites/default/files/noticia/117234/field_adjuntos/elozonocomodesinfectantefrentealsars-cov-20207201.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o 21/07/2020, o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 2 2 , 23 e 24 de xullo.   A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1XXvz7ywP1n8bK2AkakXftVn4iXusflVl/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías: a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. b) Grupos I e II do persoal laboral. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación da convocatoria do curso no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2020. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200717/AnuncioO150-020720-0001_gl.html

NOTA INFORMATIVA TRIBUNAL CALIFICADOR TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

Á  vista da situación sanitaria da Comarca do Segrià (Lleida), e de conformidade co disposto na  Base 7.5 da Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, informase  aos opositores residentes en dita Comarca que, por mor das restriccións impostas pola Generalitat de Catalunya, teñan prohibido desprazarse o dia do exame á sede pola que se presentaron, que deberán  comunicalo con antelación ao Tribunal Calificador Único para ser chamados ao exame de incidencias que se convoque al efecto.  O mesmo criterio sera de aplicación no caso de que as autoridades sanitarias adopten medidas restrictivas de desprazamento noutros lugares do territorio nacional.

O CONCURSO DE TRASLADOS RETRÁSASE

A pesares de que a intención do Ministerio era sacar a finais deste mes a convocatoria do concurso de traslados, acaba de comunicar que o mesmo retrasarase para despois de agosto, para unha mellor xestión do prazo de  presentacion de solicitudes, a fin de non facelo coincidir en pleno periodo estival, onde non só moito do persoal da Administración de Xustiza está de vacacións, se non tamen o persoal do propio ministerio e das comunidades autónomas, engadindose a isto a dobre presencia de persoal ministerial nos tribunais das oposicions.

CONVOCATORIA DE COMISIÓNS DE SERVIZO PARA CUBRIR PRAZAS NAS FISCALÍAS

Aprobada a creació n de determinadas prazas nas distinta s Fiscalías da Comunidade Autónoma de Galicia, procede anunciar a súa provisión temporal co obxecto de que o persoal funcionario interesado poida solicitar as oportunas comisións de servizo. O prazo de presentación de solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do  día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de Xustiza  ( http://intranet.xustiza.gal ) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ( http://cpapx.xunta.gal ).  Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza  (OPAX), no sitio web https://www.xunta.es/sxpa/AIX/ .

O MINISTRO DE XUSTIZA DESCOÑECE QUE EXISTEN OS XULGADOS DE PAZ

Segundo "El Confidencial", nunha nova publicada o 13 de xullo pasado, o Ministro de Xustiza informou da súa intención de por en marcha un proxecto de proximidade da xustiza, coa creación dunhas oficinas de información, asistencia e tramitación de asuntos, enfocadas a evitar que os cidadans teñan que desprazarse aos partidos xudiciais... Alguen terá que informar ao Sr. Ministro que ditas oficinas levan moitos anos creadas e se chaman Xulgados de Paz, e que xa adminitracións anteriores quixeron eliminar de facto, reducíndolles, nas sucesivas leis procesuais, as súas competencias ata chegar a valeiralos de contido para o seu definitivo peche. Ligazón "El Confidencial": https://www.elconfidencial. com/espana/2020-07-13/ justicia-abrira-oficinas- pueblos-evitar- desplazamientos-sedes- judiciales-provinciales_ 2679523/

INSTRUCIÓNS PREVENTIVAS PARA A REALIZACIÓN DO TERCEIRO EXERCICIO DE TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

O tribunal das probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa - Quenda Libre publicou na páxina web do Ministerio de Xustiza as instrucións preventivas ante o Covid-19 para poder levar a cabo con total seguridade o terceiro exercicio das citadas probas de acceso.  Tamén se publicou na mesma páxina web a distribucións das aulas nas respectivas sedes. Ligazón instrucións preventivas: https://drive.google.com/file/d/1vM7Zr2OtXl4G3LN6YI4cNwz5Lo_dbP-O/view?usp=sharing Ligazón distribución aulas: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal18?param1=1

MODIFICACIÓN RPT FISCALÍA E CREACIÓN DE PRAZAS

No DOG de 13 de xullo de 2020 publicouse a Resolución pola que se modifica a RPT da Fiscalía A modificación consiste na creación de 7 prazas e a regularización dunha praza de xestión  derivada da reasignación forzosa levada a cabo durante o proceso de implantación da nova oficina fiscal en Pontevedra. Ligazón proxecto de modificación: https://drive.google.com/file/d/1GgcqfDYgjZ7gwJWmTZAIiXmfyipJO9ud/view?usp=sharing

A CIG REITERA A PETICIÓN DE ANALITICAS DO COVID 19 AOS MÉDICOS FORENSES

A CIG- Xustiza reitera, a través do Rexistro electrónico da Xunta,   a petición feita o pasado 18 de maio ao Conselleliro de Sanidade e á Xerencia do SERGAS, solicitando a realización dos correspondentes test  Covid-19 ás  Médicas/os Forenses que estiveron a traballar para o SERGAS durante a pandemia,  tal e como se lle fixo  ao persoal sanitario da sanidade pública galega. Déuselle traslado tamén ao Director Xeral de Xustiza na súa dobre condición como responsable político da Administración de Xustiza en Galiza  e coma Presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.    Copia correo enviado ao D.X.X.: "Na súa dobre condición de Director Xeral de Xustiza e Presidente do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, comunícolle que no día de hoxe por esta Central sindical reiteráronse a través do Rexistro electrónico,  as solicitudes de 18 de maio dirixidas ao  Conselleiro de Sanidade e á Xerencia  do SERGAS    para a realización das probas do Test COVID-19  aos

ACCIÓN SOCIAL 2020

Vense de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria e dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo para solicitar a dita axuda de accion social é de 15 dias hábiles (30 de xullo), contados a partir do dia seguinte a esta publicacion. E obrigatoria a presentación da solicitude a traves da OPAX. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200709/AnuncioG0244-300620-0001_gl.pdf

LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS CURSOS CELGA

Comunicanse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos aos cursos Celga deste ano 2020 e se indican os meses cando se celebraran os exames. Ligazon: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Formacion/convocatoria_0289.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

PUBLICACIÓN NO DOG DO ACORDO DE TRAXECTORIA PROFESIONAL

No DOG de hoxe, 7 de xullo, "San Fermín", saiu publicado o eufemistico acordo chamado "Traxectoria Profesional" onde os dous de sempre CCOO e UXT, máis o colaborador necesario, SPJ-USO, asinaron coa administración autonómica as migallas que nos van pagar (e de momento non a todas/os) dunha pretendida Carreira Profesional, que non é tal, xa que non esta establecida segundo se fixa na LOPX. Curiosamente, os sindicatos de clase asinantes do acordo, esquecéranse do persoal interino ata a recente sentenza que tumbaba  en parte a carreira profesional. Con defensores das traballadoras/es coma estes quen quere... Ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200707/AnuncioG0244-300620-0003_gl.pdf

INMINENTE CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2020

O vindeiro día 09.07.2020, sairá publicada no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e, aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

SENTENZA QUE PON EN ENTREDITO A CARREIRA PROFESIONAL

A CIG ven de gañar, con respecto ao persoal autonómico, a primeira sentenza pola que se pon en entredito a carreira profesional asinada polos sindicatos CCOO e UXT (titeres do Sr. Feijoo) e pola que se recoñece o dereito á carreira profesional do funcionariado interino. A decisión anula, POR DISCRIMINATORIO, un acordo entre a Xunta, CCOO e UXT. Segundo a sentenza, o persoal interino, tanto funcionario como laboral, tería que dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa. Agora queda por ver os efectos desta sentenza na irmá pequena da carreira profesional deseñada polos responsables autonómico que eufemísticamente viu en chamarse "Traxectoria Profesional" pero que curiosamente contou cos mesmos actores pola parte sindical, CCOO e UXT, máis o colaborador necesario, SPJ-USO. Ligazón: https://www.cig.gal/nova/a- cig-gana-a-primeira-sentenza- que-reconece-o-dereito-do- funcionariado-interino-a- carreira-profesional.ht ml

A CIG ABANDONA A ÚLTIMA MESA SECTORIAL DE MADRID

O pasado martes, 30 de xuño, o Ministeiro convocounos, xunto coas centrais sinidicais ELA, CSI-F, STAJ, CCOO e UXT a unha xuntaza para analizar o proxecto de plan de actuación Covid-19, do que nos dera traslado o día anterior as 21:00 horas. Todas as centrais sindicais reprenderon a actuación do Ministerio, de enviar un proxecto desta importancia para o seu análise e para formular alegacións con nin tan sequera 24 horas de antelación, pero dita reprimenda quedou nun "Ministerio, maliño, maliño, isto non se fai así", para acto seguido botar as consabidas peroratas e presentar unha serie de alegacións que, como ven sendo habitual, alo menos nas últimas xuntanzas cos responsables ministeriais, non deixa de ser máis que un paripé de negociación, cando un sospeita, máis ben, que tal cantidade de papel e empregada, dun xeito ecolóxico, para facer tiras duns 10 cm de ancho, pegar as mesmas, e acabar facendo un rolo que teña un mellor e máis noble propósito nos aseos ministeriais.