Saltar ao contido principal

A CIG. REXEITA A CONXELACION SALARIAL ASINADA POR CC.OO, UXT e CSI-CSIF EN MADRID




A CIG REXEITAO ACORDO DA MESA XERAL DE MADRID NA QUE SE FIXAN AS RETRIBUCIÓNS DAS EMPREGADAS/OS PÚBLICOS.


A CIG-Sector de Xustiza rexeita, polas seguintes razóns, o Acordo da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, asinado entre os representantes das distintas Administracións (Estado, Autonómica, Local e Xustiza) e os Sindicatos Estatais CCOO, UGT e CSIF, que supón unha suba salarial do 2% con carácter xeral e un 1% para chegar a abonar, en tres anos, o Complemento Específico nas pagas extras:
1. Estamos nun escenario de superávit orzamentario no 2006 de moitos miles de millóns de euros.
2. O IPC interanual harmonizado está no 3´8%, polo que seguimos a perder poder adquisitivo.
3. Este acordo supón o incumprimento do asinado no ano anterior cos mesmos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, no que se pactou incorporar o específico nas pagas extras ao final da lexislatura (2 anos), adiándose agora un ano mais, polo que queda en entredito a credibilidade dos acordos asinados con anterioridade e pérdese a confianza nos que se acaban de asinar.
4. No acordo seguen a poñer límites ás Ofertas de Emprego Público.
5. Na Administración Autonómica conseguíronse acordos retributivos sensiblemente superiores e sen perda de poder adquisitivo (1´5, 1´75, e 2% para os vindeiros anos, a maiores do acordado en Madrid). Por desgracia aos Funcionarios/as da Administración de Xustiza destinados en Galicia, non se nos poden aplicar os acordos galegos, por mor da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Dende o Sector de Xustiza da CIG defendemos e defenderemos sempre as seguintes propostas:
· Suba do IPC real (ata o de agora, un 3´8%)
· Cláusula de Revisión Salarial
· Recuperación do poder adquisitivo
· Oferta de emprego cunha promoción profesional real e non ficticia como a actual, tanto horizontal coma vertical.
· Incentivación da xubilación antes dos 65 anos.
· Reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial tanto nos aspectos regulamentarios coma retributivos.

Por estas razóns, a CIG non pode ser cómplice de que os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza e, tamén os das outras Administracións segan a perder poder adquisitivo e que non se melloren os servizos públicos, TI TAMPOUCO O DEBES PERMITIR.


Acordo sobre pensións asinado en Madrid entre o Goberno e os Sindicatos Estatais



Aínda que o acordo non nos é de aplicación directa, si que marcará pautas para o futuro que, sen lugar a dúbidas, máis cedo que tarde, tamén nos será aplicado. Por iso dende a CIG-Sector de Xustiza rexeitamos este acordo asinado entre o Goberno e os Sindictos UGT e CCOO, e máis o Goberno e a patronal CEOE, fundamentadoo nas seguintes razóns:
♠ Aumenta o período de cotización que dá dereito á pensión.
♠ Discrimina as persoas con contratos a tempo parcial.
♠ Empeora as pensións de viuvez.
♠ Incentiva o traballo logo dos 65 anos.

Estes acordos reducen novamente as pensións como fixeron 5 anos antes, e voltarán a facelo en poucos anos se non o impedimos. As razóns que alegan son as mesmas de sempre: “a viabilidade do sistema”, cando cada vez a Caixa da Seguridade Social acumula máis reservas e excedentes ca nunca (na actualidade 31.000 millóns de euros) ata o punto de financiar con eles outros gastos do Estado.
Dende a CIG. empezamos unha campaña de sensibilización dos traballadores e traballadoras de Galicia para rematar con esta tendencia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración