A CIG transmitiulle a nova DIRECTORA XERAL DE XUSTIZA felicitacións polo seu recente nomeamento e aproveitamos a ocasión para lembrarlle os numerosos asuntos que quedaron pendentes de resolución, por parte de seu antecesor no cargo, solicitando que coa meirande brevidade posible sexa convocada Mesa Sectorial para fixar un calendario e empezar dunha vez por todas a cerrar capítulos dos variados temas que hai sobre a mesa. Siñalando que un dos compromisos importantes acadados polo anterior Director Xeral e que ainda non foi levado a cabo é a instalación, antes do verán do 2007, dos sistemas de aire acondicionado nas poboacións de Vigo, Cangas, O Porriño, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Lembrámoslle que o verán xa está ahí e que ainda non comenzaron as obras de adecuación das distintas dependencias xudiciais (nin sequera sabemos se foron licitadas e, no seu caso, prazo de execución) polo que, se non se obten unha resposta clara e concisa sobre este problema (con feitos non con boas palabras) veremos na obriga de prantexar medidas de movilización do persoal en defensa dos seus dereitos como traballadores.
Comentarios
Publicar un comentario