Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MINISTERIO DE XUSTIZA - Día 21-5-2007

Os temas tratados na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza celebrada na tarde do 21/5/2007 resúmense nos seguintes puntos:


  1. Xulgados de Violencia de Xenero.- Este punto da orde do día afectaba aos Secretarios Xudiciais de todo o estado e aos funcionarios da Admón. de Xustiza do ámbito non transferido (Non afectaría aos funcionarios de Galicia). A proposta do Ministerio pasaba polo pagamento dun complemento de productividade diferenciado para cada un dos corpos e segundo a carga de traballo dos distintos órganos con competencia en materia de violencia de xénero. A proposta foi rexeitada de forma unánime por todos os sindicatos e a CIG propuxo que se fixara un complemento específico determinado para ese tipo de órganos, diferenciado en base as cargas de traballo pero lineal para todos os corpos (Secretarios, M.Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilio) desvinculandoo como complemento de productividade, polo que desta forma non quedaría suxeito á prestación efectiva do servizo que prantexaba o Ministerio, sendo deste xeito posible a súa consolidación nas futuras RPT'S. Así mesmo solicitouse que se aplicaran compensacións horarias para o caso de exceso de horas traballadas na xornada laboral. Finalmente o Ministerio quedou de remitir nova proposta intentando achegar posturas para tentar chegar a un acordo final sobre este punto, pospoñendose a negociación á vindeira xuntanza.

  2. Decreto de postos tipo de Secretarios Xudiciais.- O Ministerio prantexou un proxecto de Real Decreto polo que se establecen os postos tipo do corpo de Secretarios Xudiciais para aplicar nas novas RPT'S, fixando a asignación inicial do complemento específico. Neste punto da orde do día tampouco se acadou consenso para sacar adiante a proposta ministerial, pois todas as centrais sindicais opuxémonos ao mantemento dos grupos poboacionais e as grandes diferencias existentes no complemento específico entre os diferentes postos prantexados. Ademais diso, a CIG propuxo a equiparación de todos ao grupo I de poboación (Madrid e Barcelona), fixar unha contía diaria para o pagamento das substitucións (con independencia do tempo e motivo das mesmas) e a entrada en vigor deste Real Decreto para todos ao mesmo tempo, pois o Ministerio pretendía facelo efectivo de forma inmediata tan só aos Secretarios de Goberno e Secretarios Coordinadores, pospoñendo o pagamento ao resto a entrada en vigor das RPT'S. O Ministerio quedou de prantexar nova proposta para tentan achegar posturas.

  3. Proxecto de prestacións complementarias da MUGEJU.- O Ministerio informou que se fixeron as xestións oportunas ante a MUGEJU, tras a petición sindical unánime realizada na anterior xuntanza, de retirar o proxecto de reducción e novas prestacións da MUGEJU, co que a partir de agora mantéñense as que estaban en vigor ata o de agora.

  4. Varios.- Neste apartado a CIG formulou ao Director Xeral as seguintes preguntas:

      - Informatización dos Rexistros Civis de toda Galicia: O Ministerio informou que efectivamente a Subdireción de Informática estaba bastante retrasada na implantación da aplicación informática para os Rexistros Civil de Galicia pero que tentaría axilizarse ao máximo posible a mesma, indicando incluso a posible data para o inicio daquela nunha próxima xuntanza.

      - Control horario dos Secretarios Xudiciais por parte das CC.AA.: O Ministerio informou que este tema tratarase nunha próxima conferencia sectorial ao existir peticións neses senso por parte dalgunhas CC.AA.

      - Solicitouse a convocatoria urxente dunha mesa monográfica para a negociación dunhas novas bases para as oposicións aos distintos corpos da Admón. de Xustiza, así como para tratar a situación de “desfeita” do actual proceso selecitvo en aras de solucionalo neste intre a fin de evitar a xudicialización e futuras sentenzas desfavorables para a administración.

      - Solicitouse finalmente a reforma urxente da LOPX para posibilitar a percepción dos trienios por parte dos interinos da Admón. de Xustiza, ante o informe desfavorable da Avogacía do Estado que indica a imposibilidade do pagamento deste concepto retributivo sen que se leve a cabo a citada reforma. O Ministerio comprometeuse na mesa, e así consta, a instar a reforma con efectos desde o 13/5/2007.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.