Saltar ao contido principal

Convocatoria de cursos de formación en linguaxe xurídica galega para persoal destinado en Galiza

Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proceden a convocar os seguintes cursos:
  • a) Cursos de linguaxe xurídica galega, nivel medio.
  • b) Cursos de linguaxe xurídica galega, nivel superior
Para acceder a estes cursos son requisitos imprescindibles:
  • - Curso de nivel medio de linguaxe xurídica galega: ter aprobados ou validados os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega ou o denominado curso básico de linguaxe xurídica galega.
  • - Curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: ter aprobado ou validado o curso de nivel medio de linguaxe xurídica galega.
Os cursos celebraranse, se é o caso, nas localidades que determine a Dirección Xeral de Xustiza, segundo a preferencia indicada nas solicitudes presentadas e entre as seguintes: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, e Vigo.


Destinatarios:
  • - Xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • - Letrados da Xunta de Galicia.
  • - Notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das Escolas de Práctica Xurídica de Galicia.
  • - Profesores de linguaxe de signos.
  • - Persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de Xustiza.
  • - Aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
Número de asistentes: mínimo de 15 e máximo de 25 por curso.


Solicitudes: Utilizando o modelo que se publica na intranet de Xustiza ou na paxina da Xunta http://cpapx.xunta.es/export/sites/default/xustiza/PDF/Solicitude_2007.doc, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas delegacións provinciais, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.


Sen prexuízo do disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xunto co formulario de solicitude acompañarase fotocopia compulsada do certificado que acredite ter superado o curso esixido para acceder ao nivel que se solicita. E, de ser o caso, certificado de estar colexiado como avogado ou procurador ou de estar matriculado nunha Escola de Práctica Xurídica. Para os intérpretes de linguaxe de signos esixirase certificación da federación de xordos acreditativa de intervención habitual do solicitante como intérprete ante os xulgados ou tribunais, notarios ou rexistradores da propiedade.


Respecto das persoas incluídas nas bolsas de traballo para postos de xestión procesual, tramitación procesual e auxilio xudicial da Administración de xustiza que non estean actualmente a traballar como interinos, corresponderá ao xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa da Delegación Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza certificar que se atopan incluídas na bolsa correspondente.


A relación provisional de admitidos exporase ao público nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a través da páxina web da consellería no portal www.xunta.es. Contra esta relación poderán presentar reclamación ante a Dirección Xeral de Xustiza nun prazo de dez días.


Transcorrido este prazo, faranse públicas as listas definitivas nas devanditas delegacións, con indicación do lugar, día e hora de comezo do curso.


Prazo de presentación de solicitudes: Rematará o día 10 de setembro.


Criterios de selección: No caso de que o número de solicitudes exceda ao de prazas, respecto aos cursos de linguaxe xurídica galega, terán preferencia na selección os funcionarios sobre o resto dos destinatarios, os funcionarios titulares sobre os interinos e dentro dos funcionarios os de maior tempo de prestación de servizos respecto a os de menor antigüidade.

A selección realizarase a través das listaxes provisionais e definitivas de admitidos que se aprobarán por resolución da Dirección Xeral de Xustiza.


Duración e desenvolvemento dos cursos:


1.- Cada curso terá unha duración de 75 horas, distribuídas da seguinte forma:
  • - 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado.
  • - 15 horas de tratamento individualizado, nas que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias. Corresponderalle ao profesor a programación destas horas, de acordo coas necesidades e o desenvolvemento dos cursos.

2.- Sen prexuízo do previsto no apartado anterior para as 15 horas de tratamento individualizado, o curso desenvolverase en 20 sesións lectivas en xornada vespertina, que comenzaran en outubro e remataran en novembro de 2007. Os lugares e datas nos que terá lugar o curso daranse a coñecer pola Dirección Xeral de Xustiza no momento de publicación das listaxes definitivas de admitidos.


3.- A ausencia as clases, sempre xustificada, de cada un dos asistentes non poderá ser superior ao 10% da duración total do curso.


4.- Para ser declarado apto ao finalizar o curso, deberá quedar acreditado:
  • - Que o alumno asistiu ás clases e non superou o mínimo de ausencias permitido.
  • - Que realizou satisfactoriamente os traballos prácticos encomendados.
  • - Que superou as probas que durante o curso e ao finalizar este o profesor ou profesores foran establecendo, de xeito que o seu remate demostre que posúe un dominio teórico e práctico do idioma galego propio do nivel o que asistiu.


5.- A avaliación será un proceso progresivo e continuo, e terá en conta, entre outros elementos, o dominio da materia, o traballo diario na aula, os traballos teóricos e prácticos encomendados, e a asistencia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr