Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DIA 19 DE XULLO


O día 19 de xullo, as cinco centrais sindicais con representación na Mesa Sectorial da nosa Comunidade Autónoma, alcanzamos o seguinte principio de acordo coa Dirección Xeral de Xustiza:
O acordo consta de dous apartados: O primeiro, nun “paquete” pechado, referido aos Rexistros Civís, as Substitucións entre os corpos xerais e a Atribución de Funcións aos integrantes do Corpo de Auxilio Xudicial . O segundo, sobre os xulgados de Violencia de Xénero.
  • Rexistros Civís.- 240 € por atender de xeito Voluntario pola tarde de luns a venres e 80 € pola mañán do sábado a dous funcionarios nos rexistros da Coruña e Vigo e a un funcionario nos de Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol.
  • Substitucións.- Pagamento do 100 % da diferencia de soldo base e complementos entre o corpo substituído e o que substitúe.
  • Atribución de Funcións para o Corpo de Auxilio.- A razón de 100 € por quincena. Establecerásese unha quenda de garda de disponibilidade para os integrantes do Corpo de Auxilio das sete grandes localidades coa composición seguinte:
  1. Meses de xullo e setembro.- 5 de Auxilio por quincena na Coruña e Vigo, e 4 de Auxilio por quincena en Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol
  2. Resto de meses do ano.- 3 de Auxilio por quincena na Coruña e Vigo, e 2 de Auxilio por quincena no resto de localidades.
  3. Funcións a realizar: Se non falta ninguén, nada.
  4. No caso dalgunha ausencia por permiso, licenza por enfermidade, vacacións, etc.., aqueles que sexan nomeados para a quincena cubrirán as ausencias tal e como o veñen a facer na actualidade.
  5. Integrantes das quendas.- Haberá un período para anotarse de xeito voluntario nas mencionadas quendas e é intención da Administración comezar a implantalas o 1 de setembro.

Violencia sobre a muller da Coruña e Vigo.- A Dirección Xeral concedeu 3 prolongacións de xornada para o xulgado da Coruña e 4 prolongacións para o de Vigo durante os meses de agosto, setembro e outubro. A razón da diferencia estriba en que o xulgado de Vigo hai oito meses que vén funcionando sen ningún tipo de compensación e dalgún xeito debían ser compensados. A problemática, no seu conxunto, tanto destas unidades específicas como a daquelas outras que a comparten coas súas propias funcións, abordaráse nunha Mesa específica.

APARTADO DE ROGOS E PREGUNTAS.- A CIG formulou a medio de escrito as seguintes preguntas a Directora Xeral:

  1. Cando se pensa acordar o incremento do capítulo de acción social pasando do actual ata o 1% da masa salarial tal e como se comprometera a administración, ainda que sexa de xeito paulatino.
  2. Situación dos reforzos do xulgado de Sarria.
  3. Estado das obras da Fiscalía de Cambados.
  4. Cal é o estado das obras precisas para a instalación do Aire Acondicionado dos Xulgados de Cangas, Cambados, Vilagarcía, Vigo e Porriño. Recordamos que estas obras foron comprometidas polo anterior Director Xeral no verán pasado ante os graves problemas de calor padecidos en ditos órganos xudiciais.
  5. Extensión ao resto de órganos de violencia de xénero do complemento “específico”e renegociación do mesmo dado que no 2008 remata a previsión do mesmo.
  6. Solicitamos a adaptación a nova lexislación e aprobación da instrucción de permisos a fin de clarificar os mesmos.
  7. Fixación dun calendario de negociación para todos os temas pendentes, agrupacións de paz, substitucións, rexistros civis, etc..

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr