Saltar ao contido principal

CONTROL HORARIO


Con motivo da mesa de negociación convocada para o vindeiro día 4 acerca da implantación do sistema de control horario, este sindicato ven de prantexar as seguintes alegacións ao proxecto:
“ALEGACIONS QUE FORMULA A CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG), A CONVOCATORIA PARA ENTREGA DE TARXETAS DE CONTROL HORARIO:
  • Non nos parece o xeito adecuado de proceder que se convoque a todo o persoal para facer o reparto de tarxetas e para unha sesión de formación sen que previamente fose convocada a Mesa Sectorial de Negociación. Interesamos pois que sexa suspendida a convocatoria de entrega de tarxetas e que se convoque a Mesa Sectorial.
  • Tampouco nos parece de recibo que o control horario non sexa para todos e cada un dos integrantes da Oficina Xudicial, onde tamén están incluídos os SECRETARIOS. Así consta no art. 1.2 da Orde de 26 de maio de 2006 pola que se aproba o calendario laboral e os horarios das oficinas xudiciais (“ Serán tamén de aplicación para os secretarios xudiciais destinados nesa comunidade autónoma”) de conformidade co establecido no apartado 2.2 da resolución do 15 de xullo de 2005 da Secretaría de Xustiza, que establece que “ Aos secretarios xudiciais dependentes do Ministerio de Xustiza, cando estean destinados no ámbito dunha comunidade autónoma con competencias asumidas, seralles de aplicación o calendario laboral e os horarios fixos, flexibles, e de atención ao público e profesionais que aprobe o órgano competente da respectiva comunidade autónoma. Interesamos pois que o control horario se faga extensible tamén ao Corpo de Secretarios.
  • Interesamos da Dirección Xeral de Xustiza que de agora en diante tódalas comunicación referentes ao cumprimento de horarios, se consideren cono información reservada e teñan o mesmo tratamento que as nóminas, é dicir, que se fagan chegar aos interesados persoal e confidencialmente.
  • Por último, a Dirección Xeral de Xustiza deberá garantir que os edificios xudiciais teñan as portas de entrada abertas e con todas as medidas de seguridade en pleno funcionamento entre as 08:00 e as 20:00 horas de luns a venres.”

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr