Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DIA 15-10-2007

Celebrouse a Mesa Sectorial sinalada para o dia 15-10-2007 coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación das actas das mesas sectoriais de data 19 de xullo e 4 de outubro de 2007.
  • Apertura Rexistros Civís polas tardes
  • Substitucións e atribucións
  • Información programa Novas Tecnoloxías 2007
  • Rogos e preguntas

O resultado da mesma foi o seguinte:

  1. Substitucións verticais e atribución de funcións: Finalmente parece ser que neste tema estase en vías de acadar un acordo coa administración, pendente da definitiva redacción da Resolución reguladora da mesma, que permitirá acadar o pagamento do 100% nas substitucións verticais e de 100 euros por 15 días de dispoñibilidade nas atribucións de funcións (desempeño conxunto de funcións). Entre outros detalles, a administración quedou pendente de concretar os efectos económicos retroactivos da citada Resolución e, dende a parte sindical, insistiuse na premura de tempo para que se leve a cabo a efectiva implantación do sistema de substitucións e a súa remuneración en forma. Non obstante o anterior a CIG trasladou a administración a necesidade de dotar aos servizos de apoio dun maior número de traballadores nos cadros de persoal, posto que entendemos que é a solución máis correcta e efectiva para solucionar os problemas de substitucións de corta duración.
  2. Horario de apertura polas tardes dos Rexistros Civís: Por fin a Administración entendeu que previamente a poñer en marcha unha medida deste tipo deben negociarse no só os aspectos económicos se non que tamén deben regulamentarse concretamente todos aqueles que inflúen na implantación dunha medida deste tipo. Nesta reunión discutiuse a redacción da Resolución reguladora deste horario especial. Por parte da CIG fíxose fincapé nunha prestación do servizo de Rexistro Civil con calidade, que a elección de dito horario especial, dentro da voluntariedade da medida, debe ser con preferencia do persoal adscrito ao Rexistro Civil e que as quendas de cinco tardes e un sábado deben ser realizadas ao longo do mes e non nunha semana en concreto, a elección dos interesados, tamén pedimos que se concreten escrupulosamente as funcións que se realizarán polas tardes. Feitas as alegacións pertinentes quedouse por parte da Administración en trasladar o antes posible o novo texto da Resolución a fin de axilizar no posible a posta en funcionamento deste servizo. Como xa se trasladara anteriormente os importes a percibir pola prestación deste horario especial serán de 48 euros/dia (luns a venres) o que da un montante de 240 euros e 80 euros/día polo sábado coas conseguintes compensacións horarias, no seu caso.
  3. Novas Tecnoloxías: Por parte do Subdirector deuse conta das últimas novas producidas neste aspecto que se concretan en:
  • - Futura implantación de Minerva nos xulgados, dados os bos resultados obtidos no Xulgado de Ordes.
  • - Entrega do calendario de formación e entrada en funcionamento de Inforeg, aplicación específica dos Rexistros Civís.
  • - Implantación dos sistema de videoconferencia.
  • - Informatización dos Xulgados de Paz a partires de xaneiro de 2008.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr