Saltar ao contido principal

NOTICIAS SOBRE AS OPOSICIÓNS

As ultimas novas que ten a CIG. referentes as Oposicións para ingreso nos diferentes Corpos da Administración de Xustiza son:





Xestión turno libre:



O Tribunal calificador ven de sacar as notas de corte do primeiro exercicio. A data de celebración do segundo exame está sen confirmar, pero se prevé que sexa ou ben o 18 ou o 25 de novembro. As puntuacións mínimas para pasar os cortes son:


  • Andalucía ................................................ 69,25
  • Canarias .................................................. 61,25
  • Cataluña .................................................. 60,00
  • Comunidad Valenciana.............................. 65,75
  • Madrid ................................................... 65,50
  • País vasco .............................................. 67,75
  • Península e Baleares ................................... 71,50
  • Reserva discapacitados en
    todos os ámbitos territoriais ............................. 51



Xestión promoción interna:

Os aspirantes que aprobaron o segundo exame teñen de prazo ate o vindeiro día 23 de outubro para presentar a relación de méritos para a súa baremación na fase de concurso.




Tramitación turno libre:

O Tribunal calificador ven de publicar unha nova lista de aprobados, para os que abre o prazo de presentación da relación de méritos para a fase de concurso.

Tramitación promoción interna:
Dende o día 16 ate o 26 de outubro se poden facer alegacións á relación provisional de valoración de méritos aportados na fase de concurso.


Auxilio xudicial:
Estamos á espera de que se publique a valoración dos méritos aportados na fase de concurso.


OPE 2007

O Ministerio manifestou a súa intención de acumular a Oferta de Emprego Público deste ano 2007 á do vindeiro ano 2008.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da