Saltar ao contido principal

ALEGACION FORMULADAS POLA CIG AO BORRADOR DE RESOLUCION SOBRE SUSTITUCIONS



  • A CIG formulou as seguintes Alegacións ao: “BORRADOR DE RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE REGULAran AS SUBSTITUCIÓNS ENTRE FUNCIONARIOS Ó SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA” (que figura anteriormente)

  • ao artg. Segundo.- Definicións
    Centro de destino: os centros de destino definidos no artigo 39 do Regulamento ao que se refire o ”seguinte parágrafo”. Ten que ser o “último parágrafo”, pois entre a definición de “Centro de destino” e a de “Regulamento” hai un novo parágrafo.

  • Terceiro.- Clases
    Entendemos que debe engadirse un novo parágrafo 3 no que se indique que todas as substitucións, tanto as verticais como as horizontais levan aparellado a relegación de funcións no destino de orixe, do mesmo xeito que no apartado noveno (páxina 5) se establece o contrario para as atribucións de funcións.

  • no punto 3º.2: Suprimir “con carácter excepcional”.

  • ao artg. Cuarto.- Requisitos dos aspirantes.-
    No apartado 2 a) e b) entendemos que debe figurar tamén o de “escala”.-
    No apartado 3, engadir despois de “...diplomado universitario o...”, as palabras “...feito de...”
    Así mesmo, dado que a administración interpreta como equivalente a unha diplomatura o ter realizado os tres primeiros cursos dunha licenciatura ou o primeiro ciclo sempre e cando supoñan unha carga lectiva de alomenos máis de 180 créditos, solicitamos que se inclúa neste apartado tamén, a estes solos efectos, a titulación de criminoloxía con igual carga lectiva.

  • ao artg. Quinto.- Tramitación substitucións verticais.-
    No apartado 1, engadir ao final do mesmo “...Examinadas todas as solicitudes e a documentación recibidas, a Dirección Xeral dictará no prazo de tres días acordo de nomeamento en relación co substituto designado...”.-
    No apartado 2, ao igual que se establece para as substitucións horizontais no apartado 6.2 , entendemos que neste caso as instancias tamén deben ser adiantadas por fax ou a través do portal do funcionario.-
    No apartado 3, en consonancia co alegado no seguinte punto, entendemos que o director funcional deberá poñer en coñecemento da administración a circunstancia de que non existe candidato ningún á substitución vertical e que solicita que a praza sexa cuberta por algún dos medios extraordinarios (substitucións horizontais ou nomeamento de interinos). Deberá ser por tanto a administración quen, á vista de que haxa ou non candidatos na bolsa de substitucións horizontais proceder ao seu nomeamento ou, en caso contrario, á designación de persoal interino

  • ao artg. Sexto.- Tramitación substitucións horizontais.- Entendemos que, a fin de axilizar o máximo posible, no seu caso, o nomeamento de substitucións horizontais, sería moito máis eficaz a creación dunha bolsa cos posibles interesados/as nas substitucións horizontais (tal e como xa prantexou esta central sindical para as comisións de servizo) xa que deste xeito a administración sabería de antemán se hai alguén interesado na praza en cuestión ou, pola contra, a mesma debe ser cuberta sen máis dilación por persoal interino. Por iso prantexamos que na nova regulamentación que está por negociar con respecto aos interinos se regulen todas as bolsas de comisións de servizo, substitucións horizontais e interinos, establecendo claramente a preferencia dunhas fronte as outras.
    No punto 6º.4: Suprimir “con carácter excepcional”

  • ao artg. Sétimo.- Duración das substitucións e cesamento do substituto.-No apartado 2 pensamos que, entre outras circunstancias, a “renuncia” a unha substitución non pode manter a preferencia fixada no citado apartado, pois esta é unha decisión unilateral do traballador.

  • ao artg.Oitavo.- Retribución.-
    Neste caso pratexamos unha redacción alternativa que non obrigue a actualización anual das cantidades consignadas para cada caso. A nosa proposta é a seguinte:“A realización de tarefas de substitución no corpo inmediatamente superior levará aparellado o pagamento mensual, en concepto de productividade, dunha cantidade igual á diferencia existente entre os salarios brutos respectivos. (no preacordo establecerase que se cobraría o 100% das retribucións do corpo que se sustitue).-
    Esta cantidade devengarase con efectos retroactivos dente que se empezou a desempeñar as tarefas de forma efectiva

  • ao. Noveno.- Atribución de funcións..-
    No apartado 2 entendemos que as delegacións provinciais non poden regular as quendas se no máis ben fixar as mesmas en base a uns criterios obxectivos e coa intervención das centrais sindicais na súa elaboración. Neste mesmo apartado deben concretarse que os quince días son naturais.—
    No apartado 4 prantexamos unha redacción que evite a labor de ter que estar actualizando as contías todos os anos. Polo tanto podería fixarse que percibirán a través do artigo 12 do R.D. 1909/2000, en concepto de dispoñibilidade para o desempeño conxunto de funcións e por cada período de quince días naturais, unha cantidade igual ao 12,58 % do salario base (equivalente a 100 euros mensuais).
    No apartado 5 substituír regularán por fixarán. Engadir así mesmo que as tarefas serán fixadas pola delegación con criterios obxectivos, consonte ao previsto na LOPX sobre as funcións previstas para os distintos corpos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr