A CIG formulou as seguintes Alegacións a “Instruccións para o recoñecemento de trienios aos funcionarios interinos dos corpos ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, en aplicación da disposición final primeira da Lei orgánica 13/2007, de 19 de novembro de modificación da Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial (BOE do 20/11/2007).” (o borrador de instrucción e o publicado arriba)
- Respecto do apartado “6ª.- Os trienios recoñecidos ao persoal funcionario interino terán efectos retributivos do 1 de xuño de 2007, para aqueles que prestaran servizos entre o 13 de maio e 20 de novembro de 2007 e sempre que a súa solicitude sexa anterior ao 21 de xaneiro de 2008.”
Consideramos que o requisito que se pide para poder cobrar a retroactividade en concreto que a solicitude sexa anterior ao 21 de xaneiro de 2008, non existe ningunha disposición legal que limite temporalmente dito dereito polo que habería que acudir a lei xeral Tributaria no artigo 25 que manifesta a imprescritibilidade aos 4 anos, que é o tempo que teñen os funcionarios interinos para facer valer os seos dereitos. Polo que solicitamos a supresión dese apartado. - Respecto do apartado “Cando as solicitudes de recoñecemento de trienios se presente a partir do 21 de xaneiro de 2008, o recoñecemento se producirá na data de presentación da solicitude, xerando efectos retributivos a partir do día primeiro do mes seguinte ao da súa presentación conforme ao establecido na normativa sobre retribucións dos funcionarios de carreira.”
Reiteramos o dito anteriormente, polo que debería suprimirse todo este apartado, xa que o recoñecemento en canto a parte retributiva é dende o 13 de maio de 2007. - Ao punto “7ª.- As solicitudes recibidas con anterioridade á publicación desta instrucción na intranet e páxina web da Xunta de Galicia, e que non se axusten ao modelo de solicitude (anexo II) acompañado, non serán tidas en conta.”
Queremos facer constar a este apartado: que vai contra o disposto no artigo 42.1 de LRJAE e PAC no que se dispón que a Administración esta obrigada a dictar resolución expresa en tódolos procedementos, polo que todas aquelas solicitudes formuladas con anterioridade a Lei orgánica 13/2007, do 19 de novembro, publicada no BOE n.º 278 de 20/11/2007, deberían ser denegadas por non ter dereito ao solicitado, e todas aquelas solicitudes dictadas con posterioridade debería ser tidas en conta e no caso de que non cumpran algún dos requisitos establecidos na mencionada lei habería que proceder conforme determina o artigo 71 da LRJAE e PAC e dicir conceder prazo ao solicitante para subsanación de defecto. - En canto a obrigatoriedade de ter que mandar un modelo de instancia, e tamén erróneo toda vez que os modelos fanse co fin de facilitar a tarefa do administrado e nunca se lle poder obrigar a presentar dito modelo.
Comentarios
Publicar un comentario