Saltar ao contido principal

PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA

De forma conxunta todos os Sindicatos integrantes da Mesa Sectorial de Xustiza, vimos de presentar a Conselleria de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza da Xunta de Galiza a seguinte PLATAFORMA UNITARIA:

CSI-CSIF; CCOO; UGT; CIG; SPJ-USO

PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA POLA MELLORA DO SERVIZO PÚBLICO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA E POLA EQUIPARACIÓN DE RETRIBUCIÓNS CO RESTO DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Os Sindicatos CSI-CSIF, CCOO, UGT, CIG e SPJ-USO, como representantes da totalidade dos funcionarios ao servizo da administración de Xustiza en Galicia, presentamos onte, 31 de xaneiro, ao Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, unha Plataforma Sindical Unitaria pola mellora do servizo público da Xustiza en Galicia e pola equiparación retributiva co resto das comunidades autónomas. Dende esta Plataforma esiximos as seguintes reivindicacións:

1.- CADROS DE PERSOAL E EMPREGO

a) Consolidación e ampliación de todos os cadros de persoal

b) Oferta de emprego público: convocatoria de procesos selectivos na nosa comunidade

c) Negociación das bolsas de provisión de postos temporais

2.- PLANTA XUDICIAL

a) Implantación das Agrupacións de Xulgados de Paz.- Solicitamos a convocatoria de concursos específicos que aseguren o correcto funcionamiento destes órganos, así como unha regulación detallada das condicións de traballo nos mesmos, e todo iso sobre a base dunha concreción das RPT.

b) Solicitamos a creación das Unidades Administrativas da Administración de Xustiza en Galicia, e esiximos que se doten con preferencia dos funcionarios de xustiza.

c) Órganos de nova creación: Esiximos unha negociación real e efectiva da súa programación anual.

3.- ACCIÓN SOCIAL E PRESTACIÓNS SOCIAIS

a) Esiximos o aumento progresivo da cantidade adicada á acción social ata chegar cando menos ao 1% da masa salarial, cun incremento mínimo anual do 0,3% da devandita masa.

b) Pedimos que se estableza un premio para o momento da xubilación dos funcionarios ao servizo da administración de xustiza, tal e como se ten previsto noutras administracións públicas.

4.- PERMISOS, VACACIONS E LICENCIAS.

Solicitamos que se desenvolva unha regulación específica que refunda a normativa estatal e autonómica, en materia de permisos, vacacións e licencias, sempre que supoña unha mellora nas condicións reguladas na lexislación propia dos funcionarios ao servizo da Admón de Xustiza, todo iso sen prexuízo da súa actualización cando calquera das ditas normas fosen modificadas.

5.- MELLORAS ECONÓMICAS

Co fin de acadar a equiparación retributiva co resto de Comunidades Autónomas con traspasos de xestión, e como medida de recuperación da perda do poder adquisitivo que vimos soportando ano tras ano, esiximos un incremento do complemento transitorio autonómico de 480 € lineais para os tres Corpos, ata alcanzar os 800 €.

6- NEGOCIACIÓN REAL DAS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

a) Negociación do Calendario Laboral.

b) Negociación da regulación e compensación económica dos horarios especiais, prolongacións de xornada e penosidade.

c) Cumprimento efectivo da normativa vixente en materia de saúde laboral.

d) Publicación e desenvolvemento do decreto de expurgo.

e) Potenciación tanto da Formación Continua como a de Reciclaxe. Formación especifica para os Médicos Forenses.

f) Negociación das condicions de traballo dos Imelgas, Rexistros Civis, Xulgados de Menores, Penais e Fiscalias

g) Potenciación e normalización do uso do galego na Admón. de Xustiza

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.