Saltar ao contido principal

OPOSICIONS CORPO TRAMITACION, TURNO LIBRE

OPOSICIONS DE INGRESO NO CORPO DE TRAMITACION, TURNO LIBRE

ACORDO DO TRIBUNAL CALIFICADOR UNICO DO PROCESO SELECTIVO PARA INGRESO NO CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA POLO SISTEMA XERAL DE ACCESO LIBRE

Reunidos os compoñentes do Tribunal Calificador Único, o dia 6 de febreiro, adóptantáronse os Acordos seguintes:

  1. Facer pública a relación definitiva de méritos, por ámbitos territoriais, da fase de concurso dos aspirantes aprobados na fase de oposición das probas selectivas para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no Corpo de Tramitación
    Procesual e Administrativa, Anexo I .
  2. Facer pública a relación de aprobados por ámbitos territoriais, unha vez acrecentadas as prazas coas vacantes da quenda promoción, e cuxa relación constituída pola suma da puntuación obtida nas fases de oposición e de concurso, Anexo II.
  3. Convocar aos opositores incluídos na relación de aprobados do Anexo II, e que no seu día solicitaron a celebración da avaliación do coñecemento do Idioma Oficial Autonómico e de Dereito Foral, nos lugares e ás horas seguintes:

  • Cataluña:
    Avaliación do coñecemento do Idioma Autonómico.
    Día: 13 de febreiro
    Hora: 10.00 horas
    Lugar: Centre d´Estudis Jurídics i Formació Especializada C/ Ausiás March, 40
    08010 Barcelona
  • Comunidade Valenciana:
    Avaliación do coñecemento do Idioma Autonómico.
    Día: 13 de febreiro
    Hora: 09.15 horas
    Lugar: Aula de Formación. Control de Acceso da Cidade da Xustiza de Valencia Avenida do Saler, 14
  • País Vasco:
    Avaliación do coñecemento do Idioma Autonómico.
    Día: 11 de febreiro
    Hora: 09.00 horas
    Lugar: Sala 22 de LAKUA I c/ Donostia-San Sebastián, 1
    01010 VITORIA-GASTEIZ
    Avaliación do coñecemento de Dereito Civil Foral
    Día: 11 de febreiro
    Hora: 14.30 horas
    Lugar: Sala 22 de LAKUA I c/ Donostia-San Sebastián, 1
    01010 VITORIA-GASTEIZ

4.- Aqueles opositores incluídos na relación de aprobados do Anexo II que no seu día solicitaron documentar o coñecemento de Dereito Foral e haxan xa obtido os correspondentes certificados oficiais, deberán presentalos nas sedes dos Tribunais Delegados respectivos.

para ver ou descargor o Acordo completo, e os Anexos I e II clicar en: consulta dos Anexos e demais documentación

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr