Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACION

CONVOCATORIA DE CURSOS

Na intranet do día 6 publicouse a convocatoria dos cursos da Dirección Xeral de Xustiza. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 22 de marzo.

Así mesmo comunícase que nas próximas datas publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos cursos de formación continua da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración coa Consellería de Presidencia, Adminsitracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Xustiza.

Para ver a resolución clicar en : convocatoria cursos

SELECCIÓN DE FORMADORES.-

Co fin de seleccionar formadores para a realización dos cursos de formación continua xestionados pola Dirección Xeral de Xustiza, hoxe tamén se fai pública a convocatoria dirixida exclusivamente ao persoal funcionario de calquera dos corpos da Administración de Xustiza.

O prazo de presentación de instancias comenzará o día 7 de marzo e rematará o vindeiro 24 de marzo.

Para ver a resolución clicar en:convocatoria

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing