Saltar ao contido principal

INICIANSE OS TRAMITES PARA A CREACION DO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INTRUCCION DE RIBADEO



Dende a CIG queremos anosar a nosa ledicia ante a noticia do inicio dos tramites para a creación de Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadeo, unha antiga reivindicación do noso Sindicato.



Parece que a Xunta toma partido no asunta pois o 28 de marzo a directora xeral de Xustiza, Begoña Santos Fernández, mantivo unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, na que lle trasladou o firme compromiso da Xunta de Galicia para impulsar a creación dun partido xudicial en Ribadeo. Así, informoulle de que a Xunta instará ao Goberno central a modificar a actual Lei de Planta e Demarcación Xudicial de xeito que se cree un novo partido xudicial na provincia de Lugo, que inclúa un xulgado de primeira instancia e instrución nesta localidade.

Na reunión, a directora indicoulle ao rexedor municipal que tan pronto tome posesión o próximo ministro de Xustiza seralle comunicada esta petición, co plantexamento e a argumentación precisa para levar adiante a súa creación. Neste sentido, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza xa ten elaborado un dossier que xustifica a necesidade deste partido xudicial na localidade, e que lle fará chegar no seu momento ao ministro.

Respóndese con esta iniciativa a unha aspiración histórica do municipio, xa que a Xunta considera que, aínda que esta unidade se perdese en 1967 con motivo da modificación da demarcación xudicial, na actualidade se cumpren todas as condicións necesarias para apostar por esa recuperación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.