Saltar ao contido principal

MESA DE NEGOCIACION DIA 28 FEBREIRO 2008

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA da reunión do pasado 28 de febreiro:

CSI-CSIF, CCOO, UGT, CIG, E USO

MASA SALARIAL - PRODUTIVIDADE

A presión e a unidade de todos os sindicatos conseguiu que a consellería, finalmente, aceptase a nosa proposta de que o pagamento dos 20 euros mensuais de produtividade se efectúe de xeito lineal e universal, tal e como viña recollido no acordo asinado polos sindicatos no ano 2006.

A devandita cantidade, que ten efectos retroactivos de 01/01/2008, comezarase a pagar na nómina do mes de abril.

SUBSTITUCIÓNS E ATRIBUCIÓNS

Tras máis dun ano de presión sindical, a consellería aceptou tamén regular as substitucións e atribucións.

Substitucións: No acordo recóllense aspectos moi positivos:

  • Cobramento do 100% das retribucións correspondentes ao corpo que se substitúe.
  • As substitucións realizaranse en permisos, licenzas, comisións de servizo, excedencia, situación de liberación sindical e servizos especiais.
  • O pagamento das substitucións terá efectos retroactivos dende o 01/01/2008.
  • Por proposta dos sindicatos, a consellería aceptou que as substitucións poidan realizarse por todos os compañeiros, sen que exista ningún tipo de distinción entre funcionarios de Corpo ou Escala (D.T. LOPX).
  • Retribución de tramitación a xestión: 231,68 (soldo) + 45,09 (complementarias).
  • Retribución de auxilio a tramitación: 115,84 (soldo) + 63,58 (complementarias).

Atribucións: Regúlanse a través dun sistema de quendas de dispoñibilidade permanente, voluntaria e retribuída durante períodos de 15 días. Por participar nestas quendas percibirase a cantidade de 100 euros por cada 15 días.

APERTURA DALGÚNS REXISTROS CIVÍS POLA TARDE

  • Afectará aos Rexistros Civís de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra, nos que as quendas estarán formadas por 2 funcionarios, e Vigo e A Coruña, onde o servizo se prestará por 3 funcionarios. A proposta inicial da consellería era de 1 e 2 funcionarios, respectivamente.
  • Os funcionarios destinados nos xulgados con funcións de Rexistro Civil ou nos Rexistros Civís Exclusivos terán preferencia absoluta para formar parte das quendas.
  • Este servizo, que é voluntario, retribuirase con 48 por cada día de luns a venres e 80 polo sábado.
  • As funcións a realizar serán, exclusivamente, a recollida de solicitudes ou documentación, entrega de documentación preparada, información e atención o cidadán.

PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA

Sindicatos e consellería consensuamos un calendario de negociación da Plataforma Sindical Unitaria, na perspectiva de pechar os acordos antes do verán. Da devandita negociación, continuarémosvos informando.

Se queres ver o documento completo cliquer en nota informativa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing