Saltar ao contido principal

PREGUNTAS PARLAMENTARIAS DO BNG SOBRE MELLORAS DOS XULGADOS DE OURENSE E SOBRE O INCENDIO DOS ARQUIVOS DE FERROL

PREGUNTA PARLAMENTARIA DO BNG INSTANDO MELLORAS NOS XULGADOS DE OURENSE

O deputado do BNG Iago Tabarés ven de se interesar polos prazos para a execución das obras de reforma do Pazo de Xustiza de Ourense, toda vez que se está a producir unha nova demora nos compromisos asumidos pola propia Directora de Xustiza nunha visita realizada hai uns meses ás instalacións do Pazo.

Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar na que lembra que a solución a grande parte das eivas da administración de Xustiza na cidade pasa por un novo edificio no que xa se está a traballar, “mais isto no pode impedir de ningún xeito que, con carácter de urxencia, se dote a Ourense dos elementos mínimos para unha axeitada prestación dun servizo público básico como é a Xustiza”.

O deputado nacionalista refírese, concretamente, a dependencias específicas para o xulgado de garda, o servizo de atención ás vítimas –nomeadamente ás de violencia de xénero- e medidas de seguranza e accesibilidade, entre outras.


Trátase, segundo Tabarés, dunha serie de reivindicacións que xa foron postas de manifesto polo BNG en diferentes ocasións, facéndose eco das demandas da práctica totalidade dos operadores xurídicos, e que foron recoñecidas pola propia directora xeral, quen recoñeceu a escasa complexidade das obras mais sen que até o de agora se teña constancia dalgún avance ao respeito.


Ante o exposto, o deputado do BNG pregunta polos prazos concretos para dotar ao Pazo de Xustiza actual de dependencias específicas para o xulgado de garda así como para racionalizar e acondicionar o espazo e as dependencias ubicadas no baixo andar.


Asemade, Tabarés aproveita a iniciativa para coñecer o estado dos trámites para comezar o novo edificio xudicial.

PREGUNTA SOBRE A SITUACION DOS ARQUIVOS XUDICIAIS E POLO INCENDIO DE FERROL

O BNG quer coñecer as causas do incendio no Arquivo Xudicial de Ferrol e que se adopten medidas para mellorar a situación dos arquivos xudiciais de Galiza

Iago Tabarés lembra que o BNG xa ten denunciado as condicións nas que se atopan moitos destes espazos, co conseguinte perxuízo para a documentación que albergan

Santiago de Compostela, 31 Marzo 08. O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Iago Tabarés, ven de solicitar medidas para mellorar a situación dos arquivos xudiciais de Galiza e a organización dos mesmos, , “pois acontecementos como o vivido no arquivo de Ferrol deben levarnos a analizar o estado dos mesmos nos diferentes edificios xudiciais do País, así como a xestión que se está a facer da súa documentación”.
Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar na que tamén demanda a elaboración dun Plan de emerxencias para este tipo de continxencias, que permita evitar ou reducir as posibilidades de que se reproduzan feitos semellante e estableza cautelas para reducir ao mínimo as súas consecuencias.

O parlamentar salienta que non haxa que lamentar danos persoais, xa que o lume se iniciou no baixo andar do inmóbel e neses momentos só estaba en servizo o xulgado de garda, “pero esta circunstancia non debe impedir, senón máis ben todo o contrario, facer unha análise rigurosa sobre a calidade do sistema de proteción existente na Administración de Xustiza perante este tipo de emerxencias”.


Para Tabarés, acontecementos como o vivido en Ferrol debe levar tamén a unha reflexión sobre o estado dos arquivos nos diferentes edificios xudiciais e lembrou que o BNG xa ten denunciado en numerosas ocasións a existencia de arquivos, “por chamalos dalgún xeito”, con problemas de humidades, ratas, falla de espazo, limpeza e hixiene ou mesmo nos que a documentación xudicial non está protexida do acceso por persoas alleas á administración de Xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno