CONVOCATORIA DE TITORES PARA O CURSO SELECTIVO DE ACCESO AO CORPO DE TRAMITACION (PROMOCION INTERNA)
A proposta deste sindicato, a Xerencia Territorial de Xustiza ven de facer pública unha convocatoria para seleccionar titores para o curso selectivo de acceso ao corpo de tramitación procesual e administrativa . Os/as solicitantes deberán serán ser funcionarios/as de carreira en activo e titulares no corpo de tramitación, cunha experiencia mínima de dous anos de antigüidade, con preferencia o de maior antigüidade.
A duración será de 7 semanas (do 14 de abril ao 6 de xuño) e as horas serán marcadas polos propios titores, en horario de mañá, cunha retribución de 75,13 € por semana.
A CIG solicitou que o lugar de realización das prácticas fose consensuado coa xente aprobada, así que en principio, precisaríanse titores nas zonas da Coruña, Vigo e Ferrol.
A convocatoria foi colgada na Intranet de Xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario