Saltar ao contido principal

A CIG DIRIXE ESCRITO DE PROTESTA AO MINISTERIO EN RELACION COS CURSOS DE PRATICAS

A CIG dirixe o Ministerio de Xustiza e o Centro de Estudios Xurídicos escrito con motivo de denunciar a penosa situación pola que se viron obrigados a pasar os compañeiros e compañeiras que a semana do 7 ao 11 de abril tiveron que acudir en Madrid á celebración do curso selectivo teórico-práctico do proceso selectivo, quenda promoción interna, do corpo de tramitación procesual e administrativa.

Para empezar, a apenas catro días do comezo do curso (o día 4 de abril, concretamente) é cando se publica a convocatoria do curso selectivo en Madrid, sen ter en conta que practicamente todos os aprobados polo ámbito de Península e Baleares, é dicir, territorio do Ministerio, debían desprazarse desde o seu lugar de residencia fóra de Madrid: Asturias, Mallorca, Galicia, Melilla,?.. Ademais, non se deu información acerca de en que situación quedaban estes opositores nin que permisos ou documentación tiñan que achegar á súa chegada ao Centro de Estudos Xurídicos. Tampouco se deron explicacións sobre onde nin a quen debían solicitar os funcionarios en prácticas as dietas por desprazamento e residencia eventual.

En canto ao desenvolvemento do curso teórico, consistiu en dous partes: por unha banda, tres sesións relativas a "Sistemas informáticos" e dúas sesións acerca de "A Carta de Dereitos do Cidadán". Dado que o CEJ non dispón de aulas de informática, subscribió un convenio coa Comunidade de Madrid polo que esta se encargou das sesións sobre sistemas informáticos. Pois ben, ignorando que na Administración de Xustiza hai varios programas de tramitación procesual, o curso versou sobre o programa máis antigo que existe hoxe en día, o Libra, alegando por parte do ICM (Informática da Comunidade de Madrid) que este é o sistema que se utiliza na maior parte dos xulgados da Comunidade de Madrid, pasando por alto que os opositores que concorreran por territorio Península e Baleares non van ser destinados aos xulgados de Madrid e que na actualidade xa manexan programas informáticamente máis avanzados. Ademais, explicouse o funcionamento da Axenda de vistas propia e exclusiva da Comunidade de Madrid. Explicouse tamén o funcionamento do sistema de gravación de vistas, tarefa que en ningún caso é función propia do corpo de tramitación procesual. Con todo iso, tanto o CEJ como o Ministerio demostran non só un descoñecemento absoluto da realidade do funcionamento dos xulgados senón ademais un tremendo deixamento e unha gran falta de respecto polos funcionarios que tiveran que desprazarse a moitos quilómetros das súas casas para a realización do curso.

Esa falta de respecto quedou ademais patente cando, o venres, último día, á unha da tarde, a maior parte dos compañeiros non sabían a que xulgado debían dirixirse o luns a recibir a parte práctica do curso. Ademais, tampouco sabían aínda a quen solicitar o deveño das dietas, porque tanto CEJ como Ministerio como as Comunidades Transferidas "pásanse a pelota" unhas a outras. A isto hai que engadir que, dado que no CEJ o peche de nóminas faise a día 7, xusto o día de comezo do curso, as baixas de haberes non chegaron a tempo, o que supón que este mes os compañeiros só cobrarán os 6 primeiros días do mes de abril.

Cónstanos que por parte do CEJ pediuse perdón a algúns compañeiros que foron a protestar, baseando os erros na precipitación coa que tiveron que organizar os cursos dado que o Ministerio non lles avisou con tempo suficiente. Non se entende que, estando establecida xa a celebración deste curso na convocatoria de setembro de 2006, a súa realización colla a alguén desprevido.

Para ver os escritos clicar en:

Escrito dirixido ao Ministerio

Escrito dirixido ao Centro de Estudios Xuridicos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr