Saltar ao contido principal

ACCESO DOS XULGADOS AO REXISTRO DE CONDUCTORES DA DIRECCION XERAL DE TRAFICO

ACCESO DESDE XULGADOS Ao REXISTRO DE CONDUTORES DA DXT


A Dirección Xeral de Tráfico, en colaboración co Punto Neutro do CGPJ e a Fiscalía de Seguridade Viaria, desenvolveu un sistema informático (servizo web), que permite o acceso, desde calquera Xulgado, ao Rexistro de Condutores e Infractores da Dirección Xeral de Tráfico.

A conexión permite coñecer ao funcionario xudicial, en tempo real, a seguinte información:

Se unha persoa non está en posesión de ningunha licenza ou permiso de condución segundo o Rexistro da DXT.

Se unha persoa está en posesión de licenza ou permiso de condución pero ten prohibida a condución por estar cumprindo condena que implica a privación do dereito a conducir. Os supostos máis característicos que se mostran son: condena por delito contra a seguridade viaria, declaración de perda de vixencia por esgotamento do saldo de puntos, suspensión da autorización por infracción administrativa).

Se unha persoa está en posesión de licenza ou permiso de condución e non consta ningunha incidencia.

A conexión informática ponse en marcha co decidido obxecto de favorecer a comunicación informática entre a Administración de Xustiza e a Administración Xeral de Estado.

Dentro deste proxecto, a seguintes fases a implementar son a mellora no acceso aos datos dos vehículos que consten no Rexistro de vehículos da DXT, e a posibilidade de anotar directamente desde os xulgados as condenas que impliquen a privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores no Rexistro de Condutores da DXT

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.