O MINISTERIO DOTA A SECRETARIA DE PAZ DE BARBADAS CON PERSOAL AO SERVICIO DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA
Ministerio de Xustiza a proposta da Dirección Xeral de Xustiza crea unha praza de secretaría en funcións, cuberta por un funcionario/a do corpo de xestión, para o xulgado de paz de Barbadás, esta praza fora solicitada reiteradamente polo noso Sindicato a tamén polo grupo Parlamentar do BNG, xa que este municipio conta cunha poboación superior a 7.000 habitantes.
A Dirección Xeral e ata que a praza poida ser cuberta en concurso de traslado, procedera a dotala por medio dunha provisión temporal con publicidade no Diario Oficial de Galicia, co obxectivo de que poidan optar a mesma funcionarios/as titulares do corpo de xestión procesual e administrativa destinados nesta Comunidade autónoma, atendendo aos criterios de antigüidade dos funcionarios que se presenten e aos cursos de lingua galega que estes teñan realizado. A Xunta prevé que no prazo máximo dun mes estea xa cuberta esta praza.
Comentarios
Publicar un comentario