Saltar ao contido principal

MESA SOBRE OFERTA DE EMPREGO ANO 2008

A  Administración asumíu que os últimos procesos selectivos foron moi longos, pero achacárono á fase de concurso, dado que as diferentes Administracións retrasáronse moito en enviar as certificacións de servizos prestados, e por iso, eliminan ese requisito facendo que sexa o propio opositor o que faga unha declaración sobre os servizos prestados.


 


Por outra banda, asume o compromiso de que o tribunal calificador único, na primeira reunión, fixe un calendario aproximado de realización de exercicios, pero non vai constar nas bases; ao noso comentario de se van respetar os prazos do mesmo xeito que os establecidos nas anteriores convocatorias, non houbo resposta.


 


Comprometeronse a unha maior coordinación coas Comunidades Autónomas para que non haxa os desfases deste proceso pasado.


 


Parecelles digna de estudo a proposta feita por un sindicato de, no futura facer as convocatorias escalonadamente, primeiro secretarios, logo xestores, despois tramitación e por último auxilio, co fin de evitar que queden prazas desertas porque os opositores aproban máis dun proceso.


 


En canto a poder presentarse tanto á quenda libre como á promoción interna, que non porque non.


 


En canto aos temarios, a pesar de recoñecer que son “manifiestamente mejorables”, non os van modificar para esta convocatoria, pensarano para a próxima. O que si farán será fixar o temario a data da publicación da convocatoria, de feito que non afecten posteriores modificacións lexislativas. Non se aceptou tampouco a nosa proposta de limitar os temas para cada exercicio.


 


Acerca do segundo exercicio de xestión, promoción interna, non hai cambios: nin se vai eliminar, nin se vai cambiar o tema da lectura, porque, tras consultar á Comisión de Selección, considérase unha garantía (¿) para os opositores.


 


Curso práctico: como o regulamento pon que ten que ser selectivo, así será mentres non se cambie; o que si se reduce é a duración, pero por unha mera cuestión económica, non por facernos un favor.


Aínda que consideran razonable a petición de que cada un poida facer o curso no seu ámbito de destino, na práctica non pode ser. O que si farán será buscar os coordinadores o máis próximos posibles aos opositores (outra vez por unha cuestión meramente económica, para aforrar dietas).


O tema do cumplimento do RD sobre dietas vanno incluir na convocatoria.


 


Exames:


-         non se vai a ofrecer copias dos seus exames aos opositores porque teñen un millón de follas de exame xa compradas e non teñen autocopiativa.


-         non van facilitar copia do exame a aqueles que a pidan porque senón, ao parecer, imos ir todos en tromba a pedila.


Baremos:


-         aceptouse a nosa solicitude de puntuar na promoción interna ter aprobado exames das súas convocatorias anteriores, tanto na quenda libre como na interna.


-         Puntuarase a substitución no corpo de acceso.


-         Os dous anos contarán dende a data de toma de posesión, non dende a da resolución do nomeamento, como pediamos.


-         Non se accedeu a fixar que todos os exercicios terán lugar á mesma hora, alegando falta de medios nos exercicios de informática.


-         Non se aceptou outorgar unha puntuación distinta aos xuices substitutos (actualmente teñen a misma consideración que quen preste servizos noutra Administración ou quen sexe persoal laboral) en base a que queren favorecer a carreira dentro da Administración de Xustiza


 


A excusa para non facer cambios foi que están constrinxidos pola LOPX e polo Regulamento de Ingreso; todas as centrais sindicais solicitaron un compromiso no sentido de ter pronto mesas para abordar as modificacións necesarias deses textos legais, pero a resposta da Administración  foi bastante morna e, realmente, non se comprometeu a nada. Así que os veremos na próxima co mesmo panorama.


 
NOTA INFORMATIVA REFERENTE A REUNION
ESCRITO PRESENTADO POLA CIG na mesa de negociación

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr