Saltar ao contido principal

CREACION DE SERVICIOS DE ATENCION O CIDADAN E VICTIMA

A Xunta constitúe os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo

Estes servizos iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008

Asumirán a atención personalizada ao cidadán, a información xeral, o tratamento de suxestións ou queixas e a asistencia ás vítimas dos delitos e das faltas

Santiago, 26 de setembro de 2008.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Xustiza, publicou esta mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo polo que se constitúen os servizos comúns de Atención á Cidadanía e Asistencia á Vítima, dependentes dos decanatos dos xulgados de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Estas oficinas serán atendidas por persoal ao servizo da Administración de xustiza e iniciarán a súa actividade o vindeiro 31 de outubro de 2008.

O servizo, que actuará en coordinación coa Unidade de Atención á Cidadanía do Consello Xeral do Poder Xudicial e con dependencia funcional do xuíz decano e do secretario do decanato, asumirá a atención personalizada ao cidadán, a información xeral, tanto personal como telefónica, o tratamento de suxestións ou queixas, así como a asistencia ás vítimas dos delitos e das faltas.

Atención personalizada
A atención personalizada ao cidadán supón a recepción e a acollida dos cidadáns que acudan á sede xudicial para facilitarlles a orientación e a axuda que precisen, tanto se o fan por instancia do órgano ou servizo xudicial como se é por iniciativa propia. Ao tratarse dunha atención personalizada esta atoparase adaptada ás características sociais, culturais e psicolóxicas de cada un dos cidadáns que acudan aos xulgados solicitando atención ou información.

A atención personalizada implica a actividade de información xeral e esixe a colaboración do servizo para cubrir os formularios e as solicitudes que os interesados poidan realizar directamente sen necesidade de representación. Ademais, o servizo tamén asesorará e asistirá aos cidadáns respecto dos trámites e documentos precisos para reclamar as indemnizacións que lles correspondan percibir pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos.

Información xeral
A información xeral comprende a identificación, localización e competencia de calquera órgano ou servizo da Administración de xustiza, e especialmente os situados na mesma sede, así como corresponder ás demandas concretas de información sobre competencias dos órganos, procedementos, trámites, requisitos e documentación para as actuacións que o cidadán se propoña realizar.

O servizo informará aos cidadáns sobre a existencia dos servizos de orientación xurídica dependentes dos colexios de avogados e dirixiraos cara a eles respecto das consultas referidas ao seu ámbito de actuación.

Tratamento de suxestións e queixas
O tratamento de suxestións e queixas, pola súa banda, comprende a recepción das iniciativas formuladas polos cidadáns para mellorar a atención aos usuarios ou a calidade do servizo prestado, así como das queixas por dilacións, atención incorrecta ou calquera outra cuestión relativa ao funcionamento dos órganos ou oficinas xudiciais.

No tratamento de presentación da queixa ou denuncia, o servizo advertirá ao cidadán de que estas non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo, de que a súa interposición non paralizará os prazos establecidos da normativa vixente e de que tampouco condicionarán o exercicio das accións, recursos ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poida exercer o interesado.

Asistencia ás vítimas
No que se refire á asistencia ás vítimas o servizo ofrecerá información das posibilidades de obter a través do proceso penal a restitución, a reparación do dano e a indemnización dos prexuízos materiais e morais, así como dos dereitos en relación co proceso penal. Tamén comprenderá a información sobre as axudas e medidas de asistencia ás vítimas establecidas polos poderes públicos. O servizo orientará ás vítimas de delitos en relación cos servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa atención.

Cada servizo integrarase na oficina do decanato para procurar atender na mesma dependencia as demandas de información relativas á repartición concreta de asuntos entre os órganos xudiciais da sede e as referidas ás normas de repartición, así como as relativas ás horas e salas de realización das vistas, xuízos e actos xudiciais públicos que poidan ser de interese.

Resolucion do DOG

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr