Saltar ao contido principal

NON OS ACORDOS RETRIBUTIVOS DE MADRID PARA OS EMPREGADOS/AS PUBLICOS PARA O 2009

A CIG REFIRMA A SÚA OPOSICIÓN AO ACORDO RETRIBUTIVO PARA AS EMPREGADAS/OS PÚBLICOS DA MESA XERAL DE MADRID A INCLUIR NO PROXECTO DE LEI DOS ORZAMENTOS PARA 2009

A Área Pública da CIG rexeita o Acordo asinado na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, entre os representantes das distintas Administracións Públicas (Estado, Autonómica e Local) e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF, que supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar o Complemento Específico nas pagas extras), polas seguintes razóns:

  • 1.- O IPC interanual galego está (a día de hoxe) no 4,9%, polo que seguimos a perder poder adquisitivo.
  • 2.- Volve poñer límite ás Ofertas de Emprego Público.
  • 3.- Non inclúe mecanismos de mantemento e recuperación do poder adquisitivo.
  • 4.- Restrinxe dereitos na invalidez das clases pasivas.
  • 5.- Mantén o sistema de planos de pensións privados.

A Área Pública da CIG reitera as súas propostas retributivas:

  • - Suba do IPC real (ata o de agora, un 4,9%)
  • - Cláusula de Revisión Salarial.
  • - Recuperación do poder adquisitivo.
  • - Eliminación da taxa de reposición de efectivos.
  • - Recoñecemento do dereito a xubilacións anticipadas/parciais e retirada das disposicións que restrinxen a invalidez nas clases pasivas.
  • - Incorporación a salario directo do importe dos planos de pensións.

Por estas razóns, a Área Pública da CIG defende que os traballadores e traballadoras das distintas administracións públicas manteñan o poder adquisitivo e que se melloren os servizos públicos, eliminando as limitacións ás contratacións impostas pola taxa de reposición de efectivos.


POLO QUE acordaron convocar unha *concentración de delegados/as diante da Delegación do Goberno na Coruña o día 5 de novembro, de 11,30 a 12,30 hs.*, para rexeitar o acordo retributivo para 2009 asinado polo goberno e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración