A persistente choiva caída durante parte da noite e a mañá do dia 8 de outubro provocou o peche dos xulgados de Ponteareas. As dependencias xudiciais víronse alagadas polas pingueiras. O edificio atópase actualmente en reparación e ata que non se impermeabilice completamente verase moi afectado polas precipitacións, esta é a consecuencia da mala previsión e organización por parte da Conselleria de Presidencia. A CIG ante o peligro para os traballadores e publico en xeral presentou denuncias ante a Inspección de Traballo e a Dirección Xeral de Xustiza.
Comentarios
Publicar un comentario