Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DIA 18/12/08


RESUMO DA REUNION DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (DIA 18/12/08)





1) Quedou visto para a súa publicación no DOG, na vindeira semana, tanto a publicación da nova Resolución de Vacacións, Permisos e Lincenzas como da Orde de Interinos. O prazo para inscribirse nas novas bolsas de interinos empezará, segundo manifestou a Directora Xeral, o vindeiro 7/xaneiro/2009.






2) Ao parecer, no primeiro trimestre deste ano 2009, o Ministerio de Xustiza e as CC.AA. van proceder a crear un grupo de traballo coa Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado a fin de prantexar, a través das novas reformas lexislativas, a desxudicialización dos Rexistros Civis de toda España.






3) En xaneiro de 2009 a Directora Xeral comprometeuse a sacar adiante as novas agrupacións de xulgados de paz.






4) Trasladouse a Dirección Xeral a problemática que pode xurdir coa aplicación en xustiza do novo convenio suscrito pola Xunta con Correos, xa que se van ter que realizar determinados trámites que poden provocar, caso de no cumplilos, a non tramitación do correo xudicial por parte do servizo de correos, coas consecuencias que iso pode acarrexar.






5) A administración comprometeuse, en base a petición feita pola CIG, a sacar no vindeiro concurso de marzo todas as prazas vacantes do corpo de Xestión que estean sen cubrir, ben por ser órganos de nova creación, ben por non terse cuberto no anterior concurso de traslados.






6) Vista a problemática que está a xurdir coas claves para acceso informático, por parte dun número moi elevado de funcionarios xudiciais, as bases de datos de Facenda, TXSS, INEM, DGT, Catastro, etc. e, en base a Lei Orgánica de Protección de Datos, a CIG instou a Dirección Xeral a que tome cartas no asunto a fin de evitar a posible vulneración de dita norma.







  • Por parte da CIG volveu a insistirse en que nos casos excepcionais (que os hai), a administración autonómica proceda a realizar as substitucións horizontais, tal e como ven reflectido na norma de substitucións.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.