Saltar ao contido principal

A prensa de dalle cobertura a "Rolda ...

A prensa de dalle cobertura a "Rolda de prensa da Plataforma Sindical Unitaria de Xustiza" e incluso a propia Conselleria a resposta a medio dun Comunicado colgado na súa paxima Web.

Cuestión curiosa que non colga a nota de prensa feita polos Sindicatos, pero nos somos como somos mais plurales si que colgamos a nota da Xunta.

Temos que decir que pese ao que na mesma dí de que se reunira con nos o día 12 ata o de agora non fomos convocados formalmente, unicamente se nos dou aviso por telefono.

 



NOTA DE PRENSA DA CONSELLERIA EN RESPOSTA


 


 



O conselleiro de Presidencia reunirase cos sindicatos de xustiza o vindeiro 12 de xuño


 


Santiago, 27 de maio de 2009.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten convocado para o vindeiro venres 12 de xuño, ás 12.00 horas, á Mesa Sectorial da Xustiza, na que estarán o conselleiro, Alfonso Rueda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e os sindicatos que representan ao sector –UGT, CC.OO., CIG, CSIF e SPJ-USO-.


Ante as críticas sobre a situación da xustiza galega vertidas hoxe pola plataforma sindical que engloba estas organizacións, a Consellería de Presidencia recorda que a Mesa Sectorial é o mellor foro para trasladar este tipo de inquedanzas e amosa a súa sorpresa polo feito de que non as expresaran nas reunións que xa mantivo con UGT e CSI-CSIF o director xeral de Xustiza, que mañá ten previsto reunirse con CC.OO. e que desde que chegou ao cargo hai agora tres semanas sempre manifestou a súa disposición ao diálogo coas forzas sindicais.


A Xunta comparte a preocupación dos sindicatos pola situación da xustiza galega, aínda que tamén ve chamativo o feito de que, tras catro anos sen pronunciamentos por parte da plataforma, as organizacións se amosasen hoxe reivindicativas en prol da mellora da xustiza galega, un obxectivo no que a Consellería que dirixe Alfonso Rueda traballa desde o mesmo día da súa toma de posesión.


Nese sentido, hai que recordar que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tivo que aprobar con urxencia o pagamento a avogados e procuradores dos custes do servizo de asistencia xurídica gratuíta correspondentes ao último cuadrimestre de 2008, que deixara pendente o bipartito. Ademais, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse nunha reunión co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, a realizar un plan de medidas urxentes de tecnoloxía da información en materia de xustiza para alixeirar os procesos xudiciais. Ademais, ante a necesidade de axilidade na cobertura das baixas, a Dirección Xeral de Xustiza está a baremar as solicitudes tras facer unha nova bolsa de traballo.


En canto á petición dos sindicatos para que se prescinda do subdirector xeral de Novas Tecnoloxías da Xunta, Miguel Formoso, a Consellería de Presidencia nega que este teña enviado ningún mensaxe ameazante ou tente coaccionar aos funcionarios do sistema xudicial galego.

 

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno