Saltar ao contido principal

RESOLUCION DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

 O Ministerio nos remite os listados definitivos do Concurso de Traslados, informandonos tamén de que se publicarán do BOE do dia 15 de outubro. Os ceses seran de forma escalonada o día 19 de outubro os do corpo de Tramitación, e o día 26 os dos corpos de Xestión e Auxilio.

 





Os ceses do funcionariado producirase da seguinte forma:


 


Para os do Corpo de Tramitación os ceses serán o 19 de outubro


Para os dos Corpos de Xestión e Auxilio serán o dia 26 de outubro


 


As tomas de posesión do novo destino serán no prazo de 3 días naturais seguintes ao cese se non conleva cambio de localidade, 8 días se implica cambio de localidade, 20 días naturais se implica cambio de Comunidade Autónoma, salvo que sexa Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla o prazo será de 1 mes.


 


Os ceses do funcionariado que comporte reingreso ao servizo activo, por atoparse activos noutro Corpo ou Escala, e non queiran que se interrompa a relación de servizo coa Administración bastará con que, dentro do prazo posesorio de vinte días naturais tomen posesión no novo Corpo, téndose por cesados no seu antigo destino con data inmediatamente anterior a da súa posesión na nova praza de reingreso, computándose do prazo posesorio, para os que reingresen no Corpo de Xestión ou Auxilio, desde o día 26-10-2009, e para os que reingresen no Corpo de Tramitación, desde o día 19-10-2009. Para elo, dada la necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar no seu actual destino,  un permiso retribuído de dous días si hai cambio de localidade, salvo aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illas Balears o Ceuta y Melilla , que o permiso poderá ser de  tres días.


Resolución do concurso Galicia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr