A vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP (cursos ON LINE), nos que ao parecer se solicita a celebración dun examen presencial, A Confederacion Intersindical Galega CIG-Sector de Xustiza ven de remitirlle escrito a Dirección Xeral de Xustiza no que solicita a SUPRESION deste requisito con base nas seguintes argumentacións:
1) A Xunta en ningún momento da convocatoria informa de que nos cursos se vai establecer un exame presencial. Polo tanto, os funcionarios que realizan a correspondente inscripción ignoran dita circunstancia. Ainda por riba a realización do exame e centralizada cando debería ser, cando menos, descentralizada nas sete grandes cidades.
2) Se a formación que se está a impartir é ON LINE non resulta moi lóxico fixar un exame presencial. Unha cousa e esixir unha proba para valorar o aproveitamento e outra moi distinta realizar unha proba presencial.
3) En todo caso a administración deberá facerse cargo dos custes por desprazamento dos funcionarios a dito exame presencial por non ter informado esta circunstancia no momento da convocatoria. Así mesmo, non se pode penalizar ás compañeiras/os que renuncien a realización do curso por esta circunstancia e, as/aos que non renuncien pero non fagan o exame deberá expedírselle igualmente o certificado de asistencia.
Por todo iso pidese a Dirección Xeral de Xustiza que as probas de aproveitamento se fagan on line e, en caso de que a adminitracion teime en manter as probas presenciais, as mesmas sexan descentralizas correndo cos custes do desprazamento dos funcionarios.
Comentarios
Publicar un comentario