Saltar ao contido principal

MINERVA NON FUNCIONA

A CIG-Sector de Xustiza denuncia o mal funcionamento do programa informático MINERVA no Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra.


 



           O novo programa que ven a sustituir o antigo libra esta funcionando dende o mes de xuño de 2009, este programa e moito peor que o anterior, xa dende que se implantou os traballadores e traballadores do xulgado estanlle comunicando a medio de escrito a Administración as deficiencias encontradas no mesmo, sen que polo Administración lle poña remedio as mesmas.


 


            A situación esta levando ao Xulgado de Violencia sobre a muller de Pontevedra a unha sobrecarga de traballo tal que se non se lle pon remedio de forma urxente este sumirase nun atasco moi difícil de pórlle remedio, e isto polo desidia da Xunta de Galicia, pois tanto os traballadores como o propio Sindicato, en forma reiterada tanto por escrito como en conversacións e incluso en mesas sectoriais, lle dixemos a Dirección Xeral de Xustiza, as deficiencias que se atopan no programa e a situación a que está a levar o Xulgado.


 


            A modo de exemplo e para ver o caótico do funcionamento do programa soamente dicir que os funcionarios e funcionarias ten que ler todos e cada un dos impresos xerados polo ordenador, pois este corta e pega de forma aleatoria varios documentos nun, e así non e raro ver que o Secretario do Xulgado aparece en procedimemtos como recorrente, noutros casos no encabezamento das resolucións non aparece o nome do Xulgado. Os procedementos Civil non se tramitan por carecen de documentos. Unha vez rexistrados os procedementos desaparece o DNI, polo que pode dar erros posteriores cando aparecen persoas co mesmo nome a apelidos. (isto e soamente un pequeno exemplo do que ocorre) Esta circunstancia fai que o tramite do procedemento se retrase considerablemente xa que os traballadores xa non confían no mesmo e ten que revisar todos os documentos, o que en definitiva fai que os ordenadores se convertan en simples máquinas de escribir.


 


            Este problema non ocorría co antigo programa Libra circunstancia que nos leva a pensar que o novo MINERVA ou foi mal instalado ou non foi pensado para os Xulgados de Violencia, o que demostra o pouco intres que se mostra dende a Xunta de GALICIA para a Administración de Xustiza e que pouco ou nada aposta pola modernización da mesma, pese aos anuncios e manifestacións feitos, cuestión esta que nos parece simple propaganda, pois a situación a coñecen dende fai moito tempo e nada pon da súa parte para reparar esta situación.


 


Para ver o publicado pola prensa clicar en:


 Voz de Galicia 



 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr