Saltar ao contido principal

INTERINOS NOVOS LISTADOS PROVISIONAIS

 
A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos os arquivos coas listas provisionais das bolsas de traballo e reserva de persoal interino ao servizo da administración de Xustiza. E tamén nos informan que no día de onte foron remitidas para a súa publicación na páxina web da Consellería e  que a súa publica´ción esta prevista para o proximo martes día 17 de novembro. Os interesados en coñecelas podedes contactar cos nosos Delegados e Delegadas, xa que por mor da lei de protección de datos estimanos que as listas non deben de ser publicadas no Blog.

 



Publicáronse na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  (http://cpapx.xunta.es/portal/xustiza/dxxpersoal.htm) as listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas para o proceso de formación das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.  



A partir do, 18 de novembro, ábrese un prazo de 10 días, que remata o 28 de novembro, para presentar reclamacións. 



As reclamacións poderanse presentar en calquera dos rexistros administrativos da Xunta de Galicia e poderanse dirixir aos servizos de Xustiza dos departamentos territoriais. En todo caso, a resolución definitiva corresponderalle á Dirección Xeral de Xustiza.



 As listaxes e a resolución que acorda a súa publicación tamén están dispoñibles nesta intranet (http://www.xudicial.xunta.es/funcionarios/index.php; véxanse en “Servizos”, “Outros anuncios”). Así mesmo, tamén se publican nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das delegacións provinciais da Consellería, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das Audiencias provinciais e mais dos xulgados Decanos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.