Saltar ao contido principal

TRASLADO DE XULGADOS EN PONTEVEDRA

CIG-Xustiza rexeita a instalación dos novos xulgados de Pontevedra nos locais da rúa González Adrio

A central reclama á administración información sobre o traslado do persoal
Diante das previsións da nova creación de Xulgados en Pontevedra, o sector de Xustiza da CIG-Administración vén de preguntar á administración pola nova situación dos mesmos, xa que a día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza non informou á representación legal dos traballadores e traballadoras do traslado. Así mesmo, a CIG rexeita a posíbel nova instalación na rúa González Adrio, xa que estes locais foran abandonados hai 12 anos por non reunir as condicións adecuadas para acoller os xulgados.

A continuación reproducimos o comunicado feito público pola sección de Xustiza da CIG:

Coas previsións da nova creación de Xulgados en Pontevedra, a Confederación Intersindical Galega-Sector de Xustiza, vén de interesar da Dirección Xeral de Xustiza que se nos aclare onde se ten pensado situar os mesmos, xa que como representantes legais dos Traballadores e Traballadoras da Administración de Xustiza, debemos de estar informados destas cuestións, e ata o día de hoxe nada se nos dixo, cousa que si xa ten feito con outros estamentos como xuíces e secretarios.

Do que se di na prensa de trasladar os Xulgados do Contencioso Administrativo para os locais que a Xunta ten na rúa Gonzalo Adrio, temos que dicir, que non nos parece unha medida axeitada, toda vez que os mesmos foron deixados fai 12 anos por non reunir as condicións adecuadas para os xulgados. Compre aclarar que é un edificio de vivendas onde os locais da Xunta ocupan o baixo e a primeira planta, os mesmos non están comunicados por ascensor, unicamente por unha escaleira interna, polo que a xente con cadeiras de rodas ou calquera outra incapacidade non poden acceder a o piso primeiro.

O lugar tampouco e o axeitado para situar este servizo público (nova oficina xudicial) dado que as divisións están pensadas para outro tipo de oficinas ou incluso vivendas, non ten os ser vicios indispensables, carece de luz natural en todas as dependencias, ten humidades, non ten calefacción, e se todo isto fose pouco co traslado novamente volveremos a situación de fai 12 anos, de dispersión das oficinas xudiciais co prexuízo que iso conleva; tamén hai que pensar que o rexistro xeral esta ubicado na Parda, así como os demais servizos comúns, polo que o servizo publico quedará minguado en grande medida.

Por todo elo dende a CIG interesamos da Xunta que se nos aclare cal será a situación nos Xulgados de nova creación así como as obras que se pretenden facer para a reubicación se é o caso, que se nos facilite copia dos planos e dos proxectos de obras, e de os prazos que se barallan para os traslados.

Tamén esiximos que estes temas sexan negociados cos representantes legais dos traballadores da mesma forma que se fai con outras partes (xuntas de xuíces, secretarios etc..) pois de non facelo e acordar de forma unilateral traslados a lugares que non cumpran coas condiciones que establecen a lexislación vixente en materia de seguridade e saúde laboral, estaremos fronte a Administración na defensa dos traballadores coas medidas que no seu momento estimemos mais oportunas, pero non permitiremos que os nosos dereitos sexan esmagados.

   

Noticia Faro

Noticia Voz


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr