Ante as comunicacións remitidas dende a Dirección Xeral (de momento chegaron a Lugo e Pontevedra)en relación co cumprimento do horario por parte das traballadoras/es da administración de xustiza en Galiza indicar que, postos en comunicación co Director Xeral polo mesmo se nos confirma que dito envío se realizou a efectos meramente informativos a fin de que se tome conciencia paulatinamente de que a xornada laboral componse tanto da parte fixa como da parte flexible. Pola CIG, tal e como podedes comprobar na nota informativa do enlace que figura ao pe desta información, xa se lle indicaron determinadas problemáticas que fan moi dificil o cumprimento do horario, tal e como é a apertura dos órganos xudiciais polas tardes, falta de aprobación do calendario laboral, cómputo erroneo das horas traballadas, etc., polo lo tanto a CIG suxeriu que nestes momentos tan delicados, en plena implantación da NOX e do novo programa informático, estes temas deben ser tratados na mesa sectorial antes de mandar unhas comunicacións que, ainda que meramente informativas, xeneran certas susceptibilidades entre o colectivo de traballadoras/es da administración de xustiza de Galiza.
Nota informativa cumprimento horario
Nota informativa cumprimento horario
Comentarios
Publicar un comentario