Saltar ao contido principal

LISTAXES PROVISORIAS CONCURSO DE TRASLADOS


Acaban de publicarse as listaxes provisorias do concurso de traslados. Podédelas consultar no enlace que figura ao pe desta nova.

Non vos esquezades de comprobar co voso NIF a instancia cos sitios que pedíchedes, pois non é a primeira vez que hai erros de gravación, e se non se subsanan neste momento logo ten pouco remedio.

Sen prexuizo do anterior, o Ministerio acaba de comunicarnos que a Orde pola que se publican as listaxes provisorias retrasará a súa publicación ata o Xoves 29 de xullo (no canto do 26 de xullo), e non se sabe moi ben se dito retraso o é por algún problema de loxística do BOE ou nas listaxes; cousa esta última que non nos parecería nada raro, dado o acontecido nos últimos concursos de traslados onde as centrais sindicais sempre fumos empregados coma "coelliños de indias".


Finalmente, segundo nos informou o Ministerio, o concurso publicarase no BOE o 30/07/2010 e as listaxes estarán publicadas na web o 29/07/2010, polo que xa nos retrasamos un día máis en darlle oficialidade as listaxes provisorias.

Listaxes provisorias concurso traslados
Listaxes Xestión Galiza (Alfabetica e por Organo)
Listaxes Tramitacion Galiza (Alfabetica e por Organo)
Listaxes Auxilio Galiza (Alfabetica e por Organo)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr