Á vista do acontecido nestas semanas con respecto á preselección e
aceptación de prazas por persoal interino e, despois de falar coa
Administración, cremos que debemos aclarar uns aspectos da orde do 13 de agosto
de 2010.
Así, o art. 1 no seu apartado b) establece a “obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a
orde de preferencia no caso de aceptaren varias) ou para manifestar
expresamente o seu rexeitamento da oferta. A comunicación de cada participante
deberá conter, como mínimo, aquelas prazas que sexan da súa zona de
preferencia”.
Pero o art.. 3 establece que “se
tras o proceso descrito nos dous puntos anteriores quedasen prazas sen
aceptar, os departamentos territoriais da consellería competente notificáranlles
a súa exclusión das bolsas de interinos ás persoas que a través do dito proceso
foron chamadas para aceptar as prazas e non as aceptaron expresamente, feito
este que determina o referido resultado.”
Ante esta regulación, a DXX entende que só no caso de que algunha das
prazas ofertadas quedase sen cubrir se terá en conta o feito de que alguén non
aceptara unha praza da súa zona. Se se cubren todas as prazas, o feito de que
alguén non acepte unha ou ningunha das prazas da súa zona non suporá a súa
exclusión da bolsa.
A fin de evitar esta problemática, xurdida na última convocatoria do pasado 22 de decembro, a CIG reiterou a administración a proposta feita xa no seu día relativa a que as prazas da zona de obriga correspondente ao candidato deber aparecer xa todas marcadas inexcusablemente na instancia a presentar (non poden quedar ao libre albedrío dos candidatos), coa única opción de indicar a órde de preferencia sobre as mesmas, evitándose así o desmarcaxe voluntario ou involuntario das prazas da zona de preferencia e cumprindose polo tanto coa obriga prevista na norma.
Comentarios
Publicar un comentario