Saltar ao contido principal

A CIG CONSEGUE MANTER O REFORZO DOS XULGADOS DE CAMBADOS

    A Dirección Xeral de Xustiza comunicou oficialmente ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Cambados que manterá, polo menos ata marzo de 2011, unha das duas prazas de funcionarios de reforzo que inicialmente ordenara suprimir o 31 de decembro.
   A consellería reacciona despois de que o delegado sindical da CIG, Xaquín Charlín, expresase o seu malestar pola medida adoptada por la Xunta. Un malestar ao que se sumaron, unha semana despois, os xuices e secretarios xudiciais. Estes indicaron que os xulgados de Cambados están ao borde do colapso, e que a Oficina de Decanato deixaría de recoller escritos civis do 3 ao 11 de xaneiro pola falta de funcionarios de reforzo. Segundo Xaquín Charlín, a nova, a pesares de non ser mala tampouco é moi boa porque  ainda hai que loitar para que esa praza deixe de ser de reforzo e se consolide no cadro de persoal como tal. Charlín está convencido de que os cadros de persoal de Cambados e Vilagarcía seguen a estar por debaixo do que necesitarían para adecualos aos tempos actuais, pois mentras non se faga a xustiza seguirá a viaxar en carromato. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.