Para aquelas compañeiras/os que non teñen o curso de iniciación e perfeccionamento de lingua galega indicarvos que no
DOG do 14 de xaneiro aparece publicada unha orde pola que se convocan,
con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de
lingua galega (Celga). Estes cursos, que se impartirán en escolas
oficiais de idiomas, van dirixidos a calquera persoa maior de dezaseis
anos que desexe certificar a súa competencia en lingua galega.
A
duración de cada un dos cursos é de 60 horas lectivas. A súa realización
non dá dereito a ningún tipo de certificación, xa que o seu obxectivo é
o de preparar as probas conducentes á obtención dos Celga. Posteriormente cómpre presentarse aos exames que, dúas veces ao ano,
convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O modelo de
solicitude figura no anexo III da orde e a relación de cursos Celga no
anexo IV. As solicitudes, debidamente cubertas, presentaranse na
secretaría da escola oficial de idiomas correspondente ata cinco días
antes da data establecida para o inicio do curso.
Na seguinte ligazón pódese acceder á orde completa da convocatoria:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/47722d0a92b97991c125725f0047d139/a9f8c11771d108f1c125781700563cbc?OpenDocument
Comentarios
Publicar un comentario