Saltar ao contido principal

RETRASO CONCURSO DE TRASLADOS

   Con respecto ao concurso de traslados, en principio existían algunhas dificultades para que determinadas comunidades autónomas remitiran as vacantes (p.e. Andalucía) o que estivo a provocar o retraso do concurso, ainda que para Galiza nos conviña este pequeno retraso temporal pois estamos intentando consolidar as prazas das Fiscalías de Area que levan moitos anos cubertas por persoal interino de reforzo e para iso é necesario que o Ministerio aprobe os novos cadros de persoal.
   Postos en comunicación co Ministerio polo responsable de concursos se nos indicou que en 15-20 días  (debe pedirse espazo para o BOE) podería sair publicado, polo que estariamos a falar de mediados de maio para que se fixera realidade a convocatoria, polo que finalmente estariamos a falar do 20 DE MAIO.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing