No DOG do 18 de maio saiu publicada a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
Poderán beneficiarse de ditas axudas os homes que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se atopasen en situación de redución de xornada de traballo para o coidado dunha filla/o menor de 3 anos, tanto o sexa esta/e por nacemento, adopción ou acollemento. A idade da filla/o poderase ampliar ata os 12 anos no caso de discapacidade da/o menor cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%. Tamén poderán beneficiarse destas axudas as familias monoparentais.
Resolución 5-5-2011 (DOG 18-5--2011)
Resolución 5-5-2011 (DOG 18-5--2011)
Comentarios
Publicar un comentario