O Ministerio acaba de traladarnos as Ordes de nomeamento como funcionarios de carreira e de adxudicación de destinos dos funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial que aprobaron as probas selectivas convocadas no ano 2010. A data prevista de publicación no BOE de ditas Ordes é do 23-5-2011 e 24-5-2011.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario