Recentemente a CIG acaba de gañar unha sentenza pola que se recoñece o dereito das traballadoras/es dos corpos xerais da Admón. de Xustiza en Galiza a solicitar as prazas en substitución vertical de calquera lugar da comunidade autónoma, con independencia do lugar de destino dentro dela, e dicir, que unha praza ofertada en substitución vertical e non cuberta no propio órgano, centro, localidade ou partido xudicial podería ser outorgada a unha compañeira/o que a tivera solicitado ainda estando destinada fora do citado partido xudicial, co único requisito de estar destinada/o nun centro de traballo de Galiza, ademáis, do da titulación se se aplica a outra sentenza de 11/05/2011
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario