Saltar ao contido principal

CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA - TELEFORMACION

   A administración ven de convocar, como xa vos indicaramos antes do verán, unha nova oferta de cursos de teleformación de linguaxe xurídica-nivel medio.
  Os destinatarios serán Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
   Para poder ser admitida/o no curso, resulta indispensable ter aprobados ou validados os cursos de formación en lingua galega, niveis de iniciación e perfeccionamento; ter superado o curso de linguaxe xurídica, nivel básico; ou ter o curso Celga 4.
    O periodo de inscripción será do 6 ao 19 de setembro e o poderedes facer a través do seguinte enlace da EGAP: http://egap.xunta.es

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.