Saltar ao contido principal

LISTAXES DEFINITIVAS - CONCURSO DE TRASLADOS 2011

   Segundo nos acaba de informar o Ministerio de Xustiza o concurso publicarase no BOE o vindeiro 31 DE OUTUBRO DE 2011. Os DESTINOS DEFINITIVOS xa foron adiantados polo Ministerio.
    Os cesamentos realizaranse o 7 de novembro Tramitación e o 14 de novembro Xestión e Auxilio.
   O prazo de posesión para os que estaban en activo, en servizos especiais ou en execendia por coidado de familiares e que participaron no concurso no seu propio corpo será de 3 días se non hai cambio de localidade, de 8 días se hai cambio de localidade e de 20 días se hai cambio de comunidade autónoma, a contar dende o día seguinte ao cesamentos que se producirán o 7 ou o 14, respectivamente.
   O resto de participantes no concurso terán que tomar posesión a partires da publicación da resolución do concurso e terán viente días para facelo podendo solicitar un permiso de dous o tres días, segundo o caso, para poder ausentarse do seu actual posto de traballo para ir a tomar posesión no novo corpo. Unha vez tomen posesión serán declarados de xeito automatico en excedencia no outro corpo.

AVISO: Segundo comunicación telefónica co Ministerio, no caso do persoal que reingrese neste concurso a un corpo do que está en excedencia, a antigüidade no novo corpo contarase a partir da toma de posesión, non da data da resolución do concurso, polo tanto, para non perder postos no escalafón, deberase tomar posesión o primeiro día, é dicir, o 31 de outubro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.