Por parte da administración comunicóusenos que, sendo firme a sentenza do TSX que resolvía o contencioso sobre a obrigatoriedade de requerir aos titulares en substitución vertical a titulación correspondente ao posto que desempeñaban, todas as substitucións levarán aparellado dito requisito a partires do mes de outubro. Sen prexuizo do anterior, todas as substitucións realizadas ata esa data manteranse nas mesmas condicións ata a reincorporación do titular correspondente.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario