Saltar ao contido principal

NOVO SISTEMA DE GARDAS DIARIAS 12 + 12 HORAS VIGO E A CORUÑA

   A CIG ven de solicitar do CXPX a modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemple un novo sistema de garda diaria de 12 horas de permanencia e 12 horas de dispoñibilidade para Vigo e A Coruña.
   A nosa central sindical entende que os esforzos dirixidos a consecución do sistema de gardas diarias de 24 horas están a caer en balde roto, sobre todo se temos en conta a dificultade que, nestes momentos, supón o custe económico da implantación de dito sistema.
   Intentando facer un esforzo imaxinativo e unha proposta coherente e factible tanto dende o punto de vista organizativo como económico, que teña máis visos de prosperar que seguir teimando na implantación dun sistema de gardas diario de 24 horas que nos vai ser negado, tanto estatística como economicamente, é polo que o pasado 23 de decembro propuxémoslle ao Consello Xeral do Poder Xudicial que, en base as competencias previstas no Art. 48 do Regulamento de Aspectos Accesorios, leve a cabo unha modificación puntual do mesmo e proceda a deseñar un novo sistema de gardas diarias intermedio entre as gardas de permanencia semanal e as gardas diarias de 24 horas.
   Ademais de remitir a nosa proposta ao CXPX tamén tentamos de recabar o apoio á mesma por parte do TSXG, Dirección Xeral de Xustiza, Xuiz Decano, Fiscalía de Area, Secretaría de Coordinación, Colexio de Avogados e Colexio de Procuradores, a fin de conquerir, coa unidade de todos, que a proposta realizada sexa tida en conta ao vir respaldada por todos os operadores xurídicos.

Escrito remitido ao CXPX.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr