Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL - MADRID 23/02/2012

   Inutil e infructuosa, coma sempre, foi a xuntanza mantida o pasado xoves 23 de febreiro en Madrid. O Ministerio ceñiuse a convocar a mesa sectorial co gallo de validar e dar o trámite pertinente a orde regulatoria da xornada de xeral de traballo na admón. de xustiza co que, a partir da súa publicación no BOE, a xornada MÍNIMA será de 37 horas e media  semanais tal e como se estableceu no Real Decreto-Lei 20/2011. Este é un maís dos "paripés" efectuados pola mesa de Madrid na que a negociación brillou pola súa ausencia.
   Noutra orde de cousas o CONCURSO DE TRASLADOS podería sair, se non se retrasan as comunidades autónomas, a finais de marzo primeiros de abril, ainda que está pendente unha Conferencia Sectorial coas comunidades autónomas.
   Dede o Ministerio se vislumbrou tamén a idea de tentar acadar que xustiza quede exenta da tasa de reposición na vindeira lei de orzamentos e poder dese xeito convocar, a lo menos, as prazas desertas existentes na actualidade e que xa están orzamentadas, a pesar de que se continue coa prohibición de crear novos órganos xudiciais neste ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.